La Vuelta ciclista a España en Viveiro

Os corredores antes de tomar a saída neutralizada.
Se Ronnie daba a súa visión personal do paso de La Vuelta ciclista a España, eu non vou ser menos ca el e hoxe vouvos ofrecer a miña.
Como os que máis seguides o deporte saberedes, Viveiro foi escenario da saída da terceira etapa desta edición, que tiña a súa meta na localidade asturiana de Luarca, despois de recorrer algo máis de 150 quilómetros.

Pereiro firmando no control de firmas e coa vila de Viveiro ao fondo.
Na miña condición de xornalista (en prácticas) tocoume ir cubrir a saída. A verdade é que senón me "tocara", seguro que ía facer porque me tocara, jeje.
Tiñamos o cometido de entrevistar a uns seis ou sete protagonistas, xa que ademais da páxina da edición da Mariña, tiñamos que facer dúas para edición xeral.

O sprinter italiano Alessandro Petacchi. Ultimamente está vido a menos, pero segue atraendo a ateción dos medios.
Así foi que a eso das once da mañá (a etapa arrancaba a eso da unha e vintecinco, mentres que o control de firmas abreu ás doce e media) xa estaba alí disposto a facer o meu traballo. O primeiro de todo foi recoller a acreditación que me permitiría moverme sen problemas nas inmediacións do control de firmas e no punto de encontro, lugar onde están os Vip's papando nos pinchos e bebendo de moca e tamén onde algúns ciclistas deciden relaxarse antes de comezar a pedalear. É unha pena que non teña a foto na que os xornalistas locais tamén nos estamos relaxando antes de empezar a facer as entrevistas, jeje. A ver se o luns a recupero e a colgo, para completar a entrada.
Bueno, vou ir ao grano porque senón non empezo. Os corredores fixéronse bastante de rogar. Ata a unha menos cuarto non empezaron a aparecer os máis madrugadores. O primeiro corredor que entrevistamos (íamos o meu amigo Hugo, eu e o da SER que é colaborador do Progreso e puxémonos de acordo para ir os dous xuntos) foi ao Manuel Triki Beltrán (Liquigas). Un gran tipo que se gañou ao público de Viveiro cando subiu ao control de firmas e o speaker lle preguntou por que dera dúas voltas á variante de Viveiro. A resposta foi porque os viveireses tiñamos a sorte de ter un pobo moi bonito e por iso lle deu dúas voltas. Gañouse a ovación, evidentemente.
O segundo foi Igor Antón (Euskaltel Euskadi). Sen desmerecer ao corredor vasco, máis que nada fíxeno para ir asegurándome algunha entrevista, non fora ser que cando chegaron os gallos do pelotón, non poidera coller as entrevistas suficientes.

Arriba, o campión do mundo Paolo Bettini mentres o entrevistamos e abaixo, cun rapaz.
O terceiro si que foi un corredor dos pata negra. Un auténtico crac. O actual campión do mundo en liñ
a, o italiano Paolo Bettini, coñecido tamén co sobrenome do Grilo. un tipo que demostrou ser moi bo tipo, simpático, agradable e sempre cunha sonrisa. Un auténtico profesional. A verdade é que me quedei coas gañas de facerlle algunha pregunta en italiano, porque a verdade é que en castelán estáballe costándo o seu.
Despois de Bettini, chegou o turno para o primer ciclista da terra. Era obrigado entrevistar a Serafín Martínez (O Rosal), corredor do Karpin Galicia, que fora protagonista na primeira etapa (Vigo-Vigo) e que sae nalgunha foto de Ronnie, mentres estaba escapado. Notábaselle emociando, ilusionado e moi contento coa resposta do público galego. Recoñeceu que durante a primeira etapa, mentres camiñaba en solitario chegou a soltar algunha bágoa da emoción que sentira.

O galego Serafín Martínez, lider da montaña, alegroulle o día a algún pícaro.

O seguinte foi o máis esperado. Digamos que había unha obrigación especial en ter algunha declaración de Óscar Pereiro (Caisse d'Epargne). Sabendo o que lle esperaba, xa que é un dos corredores máis buscado, foi dos últimos en arribar ao control de firmas, para evitarse ao máximo o meneo de atender a medios e aos siareiros. Fíxoo tamén amablemente e iso que eran uns cantos, entre TVE, RNE, Radiovoz, Radio Galega, SER, Radio Marca,...e os medios locais.

Óscar Pereiro falando para diversos medios.
Despois de que xa estivese máis ou menos amañado o que me mandaran facer (só me faltou Álvaro Pino, director do Karpin, que non vin en toda a mañá), o resto que fixera digamos que xa se podía considerar de máis. Así que decidín facerlle unhas preguntiñas a Samuel Sánchez (Euskaltel Euskadi), aproveitando que a etapa remataba en Luarca e el é asturiano. Así quixen palpar a súa opinión acerca da afición galega. Comentou que espectacular os tres días e que agardaba que os asturianos tamén responderan tan ben.

Entrevistando a Samuel Sánchez antes de que lle pediran unha foto con Sastre (centro) e Gómez Marchante (esquerda).
Finalmente o último do que conseguín palabras foi de Carlos Sastre (CSC). A Sastre tivérono que avisar porque a punto estivo de arranar a etapa neutralizada, mentres que el seguía atendendo aos medios. Nótase que é un tipo con experiencia, con tablas e que sabe moito deste mundo.

Carlos Sastre
Digamos que ademais dalgún corredor galego e o mencionado Pino, só se me escapou o cántabro Óscar Freire (Rabobank), que chegaba a Viveiro co maillot ouro, que acredita ao líder na clasificación xeral. Foise á saída por un lugar por onde non se ía ningún e xa non me deu tempo a collelo.

Óscar Freire antes de facerme un regate
Creo que fixen unha labor bastante aceptable, porque entrevistei ao que ao final gañou a etapa (Bettini) e ao que estivo escapando durante a etapa (Serafín Martínez), xa que había un porto de segunda aos oito quilómetros de arrancar e precisaba de sumar puntos.
En definitiva, só poido falar moi positivamente desta experiencia. Agardemos que na nosa comarca podamos ter dentro de pouco a sorte de volver vivir un dos espectáculos máis importantes de Europa. E tamén que o ciclismo vaia pouco a pouco mellorando a actual situación que atravesa.

Arriba, o alcalde de Viveiro, Melchor Roel, recibe unha placa conmemorativa de acoller unha saída da Vuelta e abaixo, mentres se daba unha volta á cidade coa carreira neutralizada

PS: As fotos son do fotógrafo José María Álvez.
Saúde.
Miguelinho.


bertito dijo
quien es lolo?q tiene q ver lo q pone lolo con la vuelta a españa?
9 Septiembre 2007 | 03:59 PM