Aínda que hai evidentes síntomas de que se aproxima un artigo subido de ton de ronnie, e polo tanto, o risco de sobredose de comentarios tamén subidos de ton é elevado, non quería deixar de ensinarvos o que atopei esta vez pola web (por enésima vez, GRACIAS MENÉAME.NET ).

Nesta ocasión trátase dun blog alleo, que recolle o contido dun folleto informativo editado por "En Plenas Facultades", pertencente á Fundación Salud y Comunidad". Os temas que toca -drogas e relacións sexuais- non teñen nada de novo -especialmente se temos en conta que é un folleto dirixido ós adolescentes- pero nas formas e no vocabulario empregado si que é bastante novidoso...

Que opinades? Un paso adiante ou non?

Eu só podo dicir que é moi distinto ó pouco material didáctico desta temática ó que tiven acceso na miña adolescencia. Supoño -e espero- que o folleto en cuestión traia polémica...

marquinhos