La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

11 Octubre 2007

Canto lle debemos á ditadura de Franco

Tranquilos comuneiros. Non se trata de que cambiara de bando (se é que algunha vez me decantei por algún involucrado nunha guerra), pero isto é o que podía pensar calquera que escoitase as declaracións de Pedro J. Ramírez co galo da recén creada Lei de Memoria Histórica; bueno calquera que non teña idea do que ocorreu no estado español dende que comezou a guerra civil ata que se confirmou a transición varias décadas despois.

Incrible a de perlas que este home soltou por esa boquiña no programa de Jiménez Losantos. Como non na COPE, co presentador do programa e Ansón de escudeiros. Claro, é que así, xaleado por estes fachas calquera non volve alzar o brazo coma nos mellores tempos do caudillo, e sobre todo pra alertar ós españois do perigo dos socialistas...

Xa sei que con estes protagonistas pode non parecer novo nin sorprender, pero é que ultimamente lócense. É demasiado incluso pra eles, porque se empezaron por non condenar a dictadura (e despois quéixanse de que algúns partidos radicais vascos non condenen os atentados) agora xa pasaron a ensalzala...

Tamén poderiamos debatir a cerca da Lei en si, porque eu considéroa descafeinada e insuficiente, xa que non se enxuizan os crimes sucedidos durante o réxime (algo que nos parece do máis normal cando saen casos similares en Sudamérica, África ou nos Balcáns, por exemplo) nin se declaran nulos os xuízos franquistas (igual de habitual nos anteriores exemplos) senón inxustos e ilexítimos. De feito parece que algúns grupos pensan algo semellante, xa que ERC anunciou que vai recorrer a Lei diante dos tribunais internacionais.

Pode ser certo, debates a parte, que como eles din ZP sexa presidente por accidente, pero tanto o PP coma os seus grupos afíns estanse a radicalizar e a alonxarse do que é a realidade dos cidadáns (opinión personal) e estanlle a facilitar a labor ó goberno. Aínda que o tema da guerra civil e a posguerra poida estar medio enterrado (excusa que poñen eles para que non se fale dese período), estas declaracións de Pedro J. son especialmente ferintes.

Déixovos tamén a ligazón ó artigo de elplural.com onde deixan constancia das declaracións, aínda que se poñedes en google o titular que emprega este mismo xornal haberedes encontrar numerosos (44.800 resultados en total) blogs e periódicos de edición dixital onde fan referencia á noticia dunha forma ou outra, ou inclusive, citan literalmente o artigo do propio xornal.

Un saúdo,

marquinhos

servido por Pontevedra 9 comentarios compártelo

9 comentarios · Escribe aquí tu comentario

marquinhos

marquinhos dijo

o que eu digo, están por lucirse...
http://cesar.lasideas.es/?p=1301

12 Octubre 2007 | 05:11 AM

Mighelinho

Mighelinho dijo

Lamentable.

En fin... non sei, pero como sigan con esa campaña e lles saía tan ben como lles saíu nas municipais nalgúns pobos do meu contorno, han tardar en voltar ao Goberno. E iso que creo que o tiñan bastante doado para facer unha oposición seria e gañarlle as seguintes xerais a ZP, pero cando se cae no opóñome porque si, a todo, por mal camiño van.

Un saúdo.

12 Octubre 2007 | 02:28 PM

bertito

bertito dijo

hay gente que piensa como ellos, pero supongo que muchos votantes del pp estaan hasta las narices de que se esten dicinedo tantas barbaridades y mentiras.esa forma de hacer oposición no les llevara ningun lugar de provecho. Lo que tendrian que hacer en el PP es echar a toda esa borralla que tiene y meter a gente con ganas de trabajar y de hacer bien las cosas, sino mal futuro les espera. no me he referido de pleno a la guerra porque, sinceramente, los cometarios de pedro j. son de juzgado de guardia....en cuanto a la ley e la memoria hstorica, en mi opinion, es algo que no le veo mucho sentido y no creo que sea un gran avance para el pais. no olvidemos que atrocidades y delitos se cometieron por parte de los dos bandos. Lo que se consigue con todo esto es que escuchemos perlas como las de p.j. y compañia. mientras esto esta en cartelera, no se habla de otros temas que quizas, sean mucho mas mportantes y nos afectan mas que la ley de la memoria hstorica.

13 Octubre 2007 | 12:23 PM

marquinhos

marquinhos dijo

a lei de memoria histórica tamén obliga entre outras cousas a retirar símbolos da etapa franquista (estatuas, escudos, nomes...), retirar subvencións estatais a organismos profranquistas ou relixiosos (escoitade o que se di no video)... supoño que como calquera lei ten cousas boas e outras menos boas. non ten que ver enterrar vellos enfrontamentos que non levan a ningún lado con recordar o que pasou hai tan só unhas décadas. eu non son partidario de que se olvide o que pasou nesa época. a historia tennos que valer pra non cometer os mesmos erros dúas veces. ademais ninguén nega que se cometesen atrocidades dende os dous bandos, e os culpables teñen que responder dos seus delitos, coxeen do pé que coxeen.

14 Octubre 2007 | 09:16 PM

bertito

bertito dijo

ojo!!q no digo que se tenga q esconder lo de la guerra civil, ni que este en contra de que se quiten simbolos franquiatas. lo que digo es que tanta polemica con esta ley lo que hace es que no nos preoqupemos de otros temas mas importantes.

15 Octubre 2007 | 02:10 PM

marquinhos

marquinhos dijo

correto!

17 Octubre 2007 | 11:26 AM

marquinhos

marquinhos dijo

bueno, e supoño que oistes o de Mayor-Oreja...

17 Octubre 2007 | 11:30 AM

Xabi

Xabi dijo

A risco de parecer un "puto progre de mierda", eu creo que se no PP poñen a unha ovella de cabeza de lista, en España sacan mínimo 10 millóns de votos.
Agora ben, bazofia como a que acaban de escupir, tamén a escupen profesionais (mellor dito, traballadores, xa que un profesional non faltaría á verdade nin ao respecto) como Losantos cando afirma, textualmente, que Zapatero "é un mal bicho" (http://blogs.periodistadigital.com/electroduende.php/2006/12/10/p...)
A Istoria deberíamos coñecela todos. Estou dicindo tamén que os republicanos mataron a relixiosos cometendo crimes atroces. Estou dicindo que o franquismo foi produto dunha guerra, e, como tal, é ilexítimo. Estou dicindo que a represión cara o bando perdedor foi brutal. E volvo dicir que a Istoria (e eu non son precisamente o que mellor a coñece) deberíamola coñecer todos, precisamente, como apunta marquinhos, para que non se repita.
Recordo tamén que foi o PP, xa a comezos de década (onde queda eso!!!!) que quixo eliminar o franquismo dos libros de historia da Logse.
PD, non lin a lei da memoria histórica de cerca, pero polo que teño entendido, non me prace en demasía...

18 Octubre 2007 | 10:53 PM

roonnie

roonnie dijo

Está clarísimo que o PP non lle interesa para nada que se coneza a traxectoria do Estado español en todo o século XX, e non me extraña, porque madre mía, cantos de ese partido terían que esconder a cabeza... É certo Xabi, intentaron borrar os libros de texto, e se puidertan borrarían os nomes de todos os represaliados, as fosas comúns, ou como fixeron en Redondela os restos do penal que quedaban na illa de San Simón.

Pero, a min o que máis me preocupa, sen dúbida e que hai 10 millóns de persoas que votan a este partido, aínda que o seu líder sea unha ovella, pero tamén me preocupa que moita xente, de 40-50 anos aínda cree que "poden facerche algo por falar de política", ou aquilo de neno "non te metas en política que que van facer mal". Que lle imos facer estamos nun país onde aínda hai moita xente enterrada en fosas comúns, pero claro indetificalas "é remover o pasado", claro que non me extraña, porque eses como Mayor Oreja "viviron o franquismo con placidez", e tamén diría eu "caladiños e baixo terra".

En fin que me entra un cabreo brutal o escoitar estas cousas.

Un saúdo.

22 Octubre 2007 | 10:16 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera