Bueno, vou retomar unha entrada que escribín pola tarde, pero que uns problemas de "mantemento" en lacoctelera mandaron á merda.

Supoño que a estas alturas todo o mundo veu ou, polo menos, oíu falar do novo spot de Gadis, "Vivamos como galegos!" Parece que acadou un recoñemento moi grande e positivo entre todos os galegos. Só lle teño escoitado falar mal do spot a unha persoa, que dicía que caía nos estereotipos que se nos asignan habitualmente aos galegos. Por se alguén aínda non sabe de que estou falando, póñovolo.




A mín tamén me agradou bastante o anuncio. Se cadra é porque Braveheart é, de sempre, unha das miñas películas preferidas. E recoñezo que eu tamén utilizo o hand-parking e outras tantas cousas como o "bueno".

Pero, do mesmo xeito que acadou tanta sona, agora comezan a relacionalo cun spot arxentino e a dicir que é un burdo plaxio deste. Tamén volo ensino.

É certo. Parécense ben. Sobre todo a parte final do cabalo. Ben é certo, tamén, que se poden escudar en que é unha escena do filme antes mencionado -como ben me dicía está tarde Bertito nunha conversa no msn. Xulgádeo vosoutros mesmos.De todos os xeitos eu creo que están moi ben escollidos os que, algúns, poden interpretar como estereotipos (bueno, que?, vas caer,...), que en ningún pretenden ser ofensivos, nin son ofensivos, como outros sanbenitos que sempre nos colgaron polo mundo adiante (do Padornelo para aló máis que nada) de paletos, burros,...

Outros tamén din que se semella, pola súa idea, a estoutro dunha cervexa canadiense (parece que o chauvinismo non é propio soamente de Francia). No spot polas miñas nocións de inglés (algúns agardo que estean máis preparados do que estou eu, de cara a iniciar a súa veciña aventura americana), queren separarse do que son os EE.UU. É simpatico porque alguén me comentaba hoxe pola tarde, que algunhas persoas do PP querían que se retirase o anuncio de Gadis. Eu non o entendín, pero visto este spotpode ser que no camiño sen retorno que iniciarion os populareshai uns meses cos temas da bandeira, desmembración de España, etc. etc.; a algúns lles pareza que o de Gadis é outra mostra das hordas independentistas que segundo eles asolagan certas partes da súa querida España.


Pero, volvento ao tema propiamente publicitario, houbo algúns internautas que non se quedaron nas similitudes do spot de Gadis co da birra arxentina. Tamén se fixeron na web da axencia que fixo o spot, a coruñesa BAP & CONDE, que sospeitosamente tamén se parece bastante á dunha axencia arxentina.

- Web axencia coruñesa
- Web axencia arxentina

Se BAP & CONDE, a que se supón axencia máis importante de Galicia, ten que copiar doutras axencias do mundo, podemos afirmar que mal lle vai á creatividade galega.

Saúde.

Mighelinho