Vodafone
Bueno, vou poñer no voso coñecemento para ver se alguén sabe algo máis
deste tema do que eu sei e me pode axudar. E se non é así, a ver se
podemos poñer a funcionar todas aquelas cousas que aprendimos no curso
de especialista de Ramos.
Como todos saberedes (ou a inmensa maioría) eu "aproveitei" (e tamén
paguei) a promoción de Mensamanía de novembro. Pagando 5 euros + IVE
podería desfrutar de 100 sms e 100 mms diarios a todos os móbiles
Vodafone. Ben, botei contas e díxenme que podería saírme máis ou menos
rentable a promoción, e iso que tiven en conta que nos últimos meses
case non gastara un can en mensaxes. Eu teño móbil de contrato, cun
consumo mínimo de 9 euros (nos últimos meses estou entre os 9 e os 10
euros de gasto). Ao final, cando o outro día me chegou a factura do
móbil do mes de novembro, concluín que botara moi ben as contas. 4
euros e pico de gasto de móbil, ao que lle había que sumar os 5 euros
da promoción de Mensamanía. En total, 9 euros e pico (podería dar
cifras exactas, pero non me apetece agora mesmo levantarme para ir
mirar a factura, jeje). Cal é a miña sorpresa cando vexo que me abonan
o consumo mínimo (9 euros) máis outros 5 en concepto de "Otros cargos".
É dicir, que vou pagar 14 euros e pico.
Pode ser esto denunciable ante consumo? Alguén sabe con certeza se
existe algunha claúsula na promoción de Mensamanía que indique que isto
non vai ser considerado coma un gasto nomral do teléfono? Esta semana
non vou ir, que ando líado e hai moito festivo, pero para a seguinte
teño pensado pasarme por unha tenda de Vodafone para que me expliquen
como podo facer unha queixa ou algo. Sei que son 5 euros e que non é a
morte de ninguén, pero estou un pouco farto de que mexen polos clientes
e se faigan de ouro a costa dos meus 5 euros, dos 5 do outro, dos 3 do
de acolá... É impresionante o negocio da telefonía móbil en España.
Debemos ser os máis burros de Europa, porque creo que somos os que
temos as tarifas máis caras do continente. Co ben que se estaba en
Italia con Wind. Aquelo si que era un luxo, sms a España por 0,10
céntimos.
Saúde.
Mighelinho


ana dijo
Os teus 5 euros, os 3 euros doutro e os 130 euros meus!
Cando fun a EEUU recarguei 80 euros pensando que me darían para facer algunha chamada, mandar algun sms e ainda me quedaría saldo para a volta. Pois sen facer a penas chamadas nin enviar sms, en unha semana e algo quedeime sen saldo (imaxina a miña cara ó escoitar a sms de que non podia realizar chamadas).
O caso e que Breo recargoume 30 euros mais porque inutilizouseme o mobil (nen chamar nen recibir), volveronseme agotar e meu irman recargoume outros 20.
Total=130 €
Eu non teño factura para comprobar como me cobraron, xa que é un mobil de tarxeta. E o apartado de Mivodafone da web, onde se consulta o gasto para o prepago, non me deixa acceder desde que viñen.
¿Que fago?
Situación de impotencia máxima, xa que en atenc`´on o cliente din que eles tampouco poden acceder o meu consumo e que non poden facer nada!
Que me queda a facer??
Quedarme sen a pasta e sen saber como ma roubou Vodafone.
Miguel:
Podes ir preguntar, pero eu creo que onde tes que mirar a clausula esa non é na promoción de mensamanía, senon no teu contrato de mínimo mensual, que ben seguro que ten especificado que non se incluen promocións especiais!! Que estos son moi vivos e blindanse por todos lados!! É desesperante!
7 Diciembre 2007 | 10:49 AM