C O U R E L
A terra é sagrada.
Cada reflexo espectral na água límpida dos lagos conta os eventos e as recordaçons da vida de nosso povo.
O rumorejar d'água é a voz do pai de meu pai.
Os rios som nossos irmãos, eles apagam nossa sede.
A agua brilhante que corre nos rios e regatos nom é apenas água, mas sim o sangue de nossos ancestrais.
(escrito polo líder do povo Duwamish)
Isto comprobámolo esta fin de semana na serra do Courel. Até alí fumos para disfrutar da terrinha.
O Courel sitúase no extremo suroriental da provincia de Lugo. As súas esgrevias montanhas confírenlhe un carácter especial marcado pola súa orixe na oroxenia hercínica, na que se produciu un grande pregue tombado, cun segundo pregamento posterior e unha serie de falhas. O resultado vese en que esta serra é, a simple vista, moito máis quebrada cás súas vecinhas.
Despois dunha viaxe en coche que comezou en Vigo, pasou por As Neves, A Cañiza e Ourense chegamos a Vilamor. Esperábanos en Folgoso unha lucense chegada dende outra serra máis setentrional. Fixémola esperar un chisco porque ....... a estrada estaba en obras ejem! E aparte diso, a viaxe alongouse porque había moito xeo e moito desconhecemento hehe
Xa na casinha da Dosinda puxémonos ao tanto das novidades dos outr@s. Fixen as delicias (creo) deles/dela cunhas bolachas de manteiga e un LK ourensán... Puxémonos a cear a eso das 2:30 a.m. e a xogar ás personaxes até as 6 da manhá...

Ao día seguinte había que aproveitar o día e por iso nos levantamos ás 12, almorzamos, conseguimos avitualhamento e nos fumos até a Devesa da Rogueira.



A cota máis alta é Formigueiros con

O caminho da devesa levounos polo souto e polos prados de Moreda, ascendendo até o bosque máis pecho e até o nacemento do regato da Rogueira, nas fontes do Cervo (ou da Fame seica). Fixemos un roteiro de dificultade media até as fontes.

As fontes son dous mananciais, un de auga branca e outro de auga vermelha, que abrolhan á par, pintando a rocha.
Nas épocas máis chuviosas agóchanse tras do veo dunha fina fervenza, que se precipita dende algo máis de

Produto da dureza da vida na serra, azoutada por duros invernos e ilhada secularmente é o seu despoboamento. Uxío Novoneyra, o máis nomeado dos poetas do Courel testifícao nos seus versos: "Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home"
Porén, temos que dicir que quen nos alquilou a casinha son xoves que viven alí todo o ano e tenhen cativ@s.

O roteiro foi moi gratificante a pesares de que non iamos moi preparad@s para as condicións climatolóxicas que había. Acabamos molhad@s coma pitos, enchoupados da auga que cubría o souto e que se impregnaba na nosa roupa ao noso paso.
Voltamos para a casa a media tarde e xa non volvimos sair en todo o día. Ceamos a eso das 9 e empezou a foliada... LK, albarinho, chourizos ao vinho, muinheiras, mentiroso, polis y ladrones, o xogo das películas, o xogo das tebras;) etc.



Recibimos unha chamada que levabamos querendo ter toda a finde pero había pouka cobertura...
A noite foi intensa!! Mais deitámonos cedo que ao día seguinte iamos xantar onde a Dosinda...

Foi unha boisíma idea parar na Casa Dosinda e xantar quente despois de dous días duros.

Logo volta para a casa de cada un e agora quédanos rememorar o vivido...
Bikosss meus



cazandobiosbardos dijo
E logo seica non tes eÑes no ordenador, ou?
Boa crónica. Vexo que me perdín un gran fin de semana. Porca troia.
Saúde.
31 Diciembre 2007 | 02:53 PM