Os equipos de fútbol modestos da Galiza profunda danlle unha volta o marketing deportivo made in galicia. O Amoeiro C.F vai recaudar fondos cunha iniciativa que ó mellor xa vistes, pero que me pareceu que debía aparecer aquí: soltarán a vaca "Rubia" no campo de fútbol (que previamente terán dividido en pequenas parcelas) e o "propietario" da parcela na que "defeque" a vaca, terá premio. A espectación é máxima e seguro que con este sorteo conseguiron vender máis participacións que cos anteriores. Podedes comprar unha parcela para o sorteo por 10 euros e a través da web.
1 comentario
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados


A súa idea parece que está chegando lonxe e atravesando moitas fronteiras. Antes de que se colgase esta entrada no noso post e xa o escoitara na SER a nivel estatal, no programa das 8:30 da tarde, pero parece que non parou aquí.
A Italia tamén xa chegou e polo que leo nos comentarios da noticia, tamén saiu pola televisión.
http://www.gazzetta.it/Calcio/Estero/Primo_Piano/2008/01_Gennaio/...
Saúde.