Algúns comuneiros ó ler o título deste artigo viranlle á cabeza un sinfín de recordos. Que recordos! Ou é que alguén esqueceu frases tan míticas como aquel:
"La pelota hay que tocarla como si fuera una naranja" (Bertito)
ou :
"Somos estudiantes, no nos pidas un boli, pídenos un porro" (Damián)
e por suposto aquela tan famosa de:
"Yo no tengo acento" (Vero)
Sen dúbida quedan moitas por citar, como aquela que provocou que mentásemos a nai do oculista de Migueliño, por exemplo; pero son tantas e tan boas que poñer aquí todas faríasenos imposible. Co ánimo de recuperar as moitísimas carcalladas que aquela lista provocou durante practicamente dous anos, algúns comuneiros quixemos conservar unha copia como recordo, pero debido a problemas técnicos (Bertito quedouse coa lista), as follas foron caendo pouco a pouco no esquecemento.
Sen embargo, onte, mentras navegaba por Internet atopei esta páxina , que se podería definir coma "unha folla das machadas de profesores a nivel España"; e de novo innundáronme os recordos! A páxina, en concreto, está dividida por autonomías, universidades, facultades, carreiras e incluso cursos (buscade na sección Top10). Deste xeito atopei alguns bos exemplos na Universidade de Vigo, tales como:
"España es como un plato sopero dado la vuelta, más o menos"
Pato - F. CC. Empresariales, UVIGO
ou
"Olía a tabaco porque a veces los fumadores fuman"
Diego - F. CC. Empresariales, UVIGO
E, por suposto, había algún exemplo da nosa Facultade; incluso da nosa carreira, incluso dalgún profesor que nos deu clase...Imaxinades quen pode ser? Xa sei que os candidatos son moitos... Pero é a máis grande entre os grandes... ANA AMORÓS. Aquí vos deixo as súas perlas:
"Un aragonés de aquí de Valencia, ¡ay! Digo de España"
Ana Amorós - F. Ciencias Sociales y de la Comunicación, UVIGO
"Vamos a hacer un bombardeo de ideas."
Ana Amorós - F. Ciencias Sociales y de la Comunicación, UVIGO
"Xacobeo 93 fue después de Barcelona 92 ¿no?"
Ana Amorós - F. Ciencias Sociales y de la Comunicación, UVIGO
Despois de comprobar (e rirme) que algún dos nosos profesores pasará a historia non só polos seus artigos científicos, convídovos a que nesta páxina ou incluso no foro da comuna recordemos todos xuntos esas frases que marcaron a nosa vida universitaria.
Un saúdo,
Marquinhos


empiezo con:
"un árbol no es un twingo" - Algarra
Un clásico esta folla das machadas. A nosa, me refiro.
A mellor forma de recuperala é que Alberto a colgase. Se as tivera eu xa as tiña copiado aquí. Coa de tempo que teño agora, jeje.
Pero bueno, berto, que se tes un escáner a man, escaneas e mandamas coma se fosen unha foto que estou disposto a facer de amanuense, ou como se diga aplicado á escritura en ordenador.
Saúde.
"Cervantes quería escribir una novelita corta así tipo Novelas Ejemplares y se lió, se lió y escribió el quijote" - Martí (como non)
"Porque ahora ya no podemos permitirnos pasar seis meses en un balneario para leer la "madalena de prús"" Martí (10 segundos despois da frase anterior)