Este próximo sábado, celébrase en Castro Caldelas coma cada 19 de xaneiro a festa dos Fachos (ou Fachós, derivado de Fachóns, e ben merecen o superlativo). Este ano cadra moi ben posto que cae a sábado...
A terra de Caldelas, entre a Serra de Queixa e o Canón do Sil, é de ribeira e de montaña ao mesmo tempo. Contémplase a simple vista o esplendor medieval desta comarca posto que arredor do seu castro celta está a posterior fortificación superposta por encima da primixenia poboación, sobre a cal se levanta o Castelo de finais da Idade Media e en torno ao cal creceu a vila.
A redor do século XII, Caldelas foi unha terra reservada á propiedade de reis galegos, como Fernando II, Emperador de Galicia, León e Asturias. A partir do século XIV a vila é otourgada por Afonso XI á Casa de Lemos.
O castelo de Castro Caldelas, rematado no 1560 segundo consta nunha lenda nos seus muros, foi testigo de diferentes episodios históricos como as Guerras Irmandiñas e tamén serviu de asentamento dunha colonia xudía.
Outro capítulo digno de mención é o incendio da vila ordenada en 1810 polo xeneral napoleónico Loison ante as numerosas pérdidas infrinxidas ao seu exército polas bravas guerrillas galegas.
Na vila está a casa natal do ilustre Vicente Risco. En San Paio de Abeleda, aprécianse os restos do Mosteiro de Abeleda e o tradicional Muíño da Ponte e o Muíño de Alais.
En Caldelas, hai monte que merece ser inspeccionado por unha expedición d@s comuneir@s ;)
Na Serra do Burgo ademais de haber moitos roteiros interesantes tamén se pode facer parapente e bicicleta de montaña. Ao noreste, a Ribeira Caldelá, de pronunciadas ladeiras e terreos pizarrosos, resulta de grande interese polo seu entorno natural e a súa paisaxe.
No recorrido pola ribeira do Sil, hai miradores naturais coma os de Pena de Matacas, en Paradelas; Pena do Xastre, en Alais e Pena do Xabrego, en Santa Tegra.
Hai tamén unha área recreativa na marxe do río Edo na propia vila e tamén na do Sil, ambas con praias fluviais, onde sempre hai pescantíns de troita.
Como vedes é unha terra de enorme interese etnográfico, pero tamén gastronómico, lúdico e etílico:P As principais festas son a Festa dos Fachos, a Fiesta da Bica e a Festa da Luz.
Na Festa dos Fachos os homes da vila acenden na noite do 19 de xaneiro grandes fachos de palla que portan en procesión até o castelo. Primeiro vanse concentrando na entrada da vila pola estrada de Ourense e en canto se fai de noite, o disparo dun foguete luminoso indica o momento de prender os fachós e entón ponse en marcha a procesión precedida dos gaiteiros.
Faise un fachón moi grande que portan entre varios.
Entre berros de alegría a procesión cruza a Praza do Prado e avanza polas empedradas rúas de Cima de Vila, até alcanzar o atrio da antiga igrexa parroquial. As campás acompañan durante toda a procesión.
Unha vez que chegan ao castelo volven á vila, onde fan luuuuume con tódolos fachos e bailan e cantan toda a noite.
É imprescindible alimentar o corpiño con chourizos asados, bica, licor café e, como non, queimada para aguantar até altas horas.
E pouko máis, dende aquí invítovos a que vos veñades o sábado a OU ;)
Ángela
beijinhos dende o meu interior


Eu creo que este fin de semana vou pasar. Pero para calquera outro xa sabes que contas coa miñla presencia!
jojojo, pois eu creo que si que vou ir...polo licor café, claro...
Non sei si ó final viñestes ou non, pero mereceu a pena (quizáis para o meu gusto había demasiada xente). So quería correxir parte da información que das (supoño que un lapsus sen importancia). Os fachós levámolos todos, homes e mulleres (non só os homes), dende fai moito tempo. Eu teño 34 anos e sempre o levei. Antes o que sí levaban só os mozos era o grande, pero creo porque a ningunha de nós se nos ocurrira facelo, ata que un ano sí o fixo e agora tamén o leva todo o mundo, caldelaos e foráneos. espero que o pasásedes ben e que voltedes no 2009 (cae martes, unha mágoa)
jeje agradécese a corrección pero a verdade é q o ironic mode non se nota pq se me esqueceu poñer en cursiva os homes ;)
a festa unha pasada, paseimo en grande e boa parte d@s comuneir@s habíano pasar de medoooo! a festa q menos lle desmerece ao magostiño....