Señor Gilipollas
Gustaríame darvos a coñecer esta historia con todo luxo de detalles, pero o feito de que me podan denunciar (si sona forte, pero non descarto nada vendo como se comportan alguns) fará que omita calquera dato que poda meterme en problemas.
Póñovos en antecedentes: en outubro do ano pasado tomei a decisión de matricularme no doutorado. Dende o principio resultou unha odisea, posto que, por exemplo, non me concederon ningun tipo de beca e pra formalizar a matrícula pedínlle un favor a un amigo (eu estaba nos Estados Unidos naquel momento) coas molestias que iso ocasiona. Tiven problemas ata pra encontrar o piso e ó final acabeime metendo no primeiro que encontrei, que despois de todo non estaba tan mal.
A mediados de xaneiro comezaban as clases e parecía que a cousa empezaba a tomar forma.Sen embargo, o 23 de xaneiro xurdiume unha oferta de traballo nunha axencia de publicidade en Vigo, e por suposto, despois de tanto buscala, non a ía rexeitar. A primeira semana e media incluso ía e viña de Pontevedra a Vigo todos os días. Expliqueille a un par de profesores as dificultades que me suporía compaxinar clases e horario laboral e entendérono perfectamente, preferenciando incluso o traballo sobre as súas propias clases. Sen embargo pouco despois de empezar a traballar chegoume un mail que dicía o seguinte:
"Estimad@s alumn@s de doutoramento matriculados no meu
seminario:
vindeira semana iniciarei as miñas clases, tódolos días, de 11 a 14 horas, a
excepción lo luns, que e festa universitaria (Sto. Tomás).
xaneiro.
(evidentemente non cito o nome do profesor nin a data polo que dixen ó principio)
Cos mellores modales mandeille o mesmo día (26 de xaneiro) eu a el este email :
"Estimado Profesor XXXXXXXX:
O meu nome é Marcos XXXXX XXXXX. Estou
matriculado no seminario que vostede impartirá e que cita no e-mail,
pero recentemente comecei a traballar en Vigo, e o horario laboral (de
luns a venres de 9.30 a 14.30 e de 16.30 a 19.30) impídeme, de calquera
maneira, asistir ás clases. Deste xeito, quería poñerme en contacto con
vostede pra que me indicase como podemos solventar esta dificultade, ou
se podo compensar a miña ausencia as clases dalgunha maneira, xa que,
evidentemente, quero continuar cos meus estudos de terceiro ciclo.
Un saúdo,
Marcos"
Nun primeiro momento non me contestou, e como xa comezaran as clases e seguía sen resposta, volvín a mandarlle un mail (4 de febreiro) moi similar, no que podía ler o seguinte:
"Estimado Profesor XXXXXX:
O meu nome é Marcos XXXXX XXXXXX. A
semana pasada remitinlle un mail no que lle dicía cal era a miña
situación actual, e non recibín resposta pola súa parte. Estou
matriculado no seminario que vostede impartirá e que cita no e-mail,
pero recentemente comecei a traballar en Vigo, e o horario laboral (de
luns a venres de 9.30 a 14.30 e de 16.30 a 19.30) impídeme, de calquera
maneira, asistir ás clases. Deste xeito, quería poñerme en contacto con
vostede pra que me indicase como podemos solventar esta dificultade, ou
se podo compensar a miña ausencia as clases dalgunha maneira, xa que,
evidentemente, quero compaxinar os meus estudos de terceiro ciclo co
traballo. Prégolle que me resposte o máis rápido posible pra saber como
podo solucionar este inconveniente.
Un saúdo,
Marcos"
Esta vez, non tardou nin un día en contestarme e... bueno digamos que se trata de toda unha oda ó arte de ser un AUTÉNTICO GILIPOLLAS:
"Estimado Marcos: moitos compañeiros teus traballan tamén e buscaron, alomenos, un par de días para vir a clase e falar conmigo. Sinceiramente: paréceme unha deconsideración pola túa banda que tan xiquera viñeses un só día a clase. A vida son opcións e non sempre se pode ter todo. Cada un penso que debe ser consciente da responsabilidade que implican as súas decisións.
No meu seminario de doutoramento, a asistencia forma parte da nota, e, dende logo, xa che adianto que non vou a respostar a mais correos teus deste tipo.
XXXX XXXX"
De novo queda demostrada a tolerancia de certos profesores, perdón doutores, cheos de títulos ata as orellas. Que doado resulta gracias a individuos coma este compaxinar estudos e traballo. Moitas gracias Señor GILIPOLLAS, terei en conta o seu detalle eternamente, e nunca saberei como agradecerllo. Demostroume (unha vez máis) a súa calidade humana.
Polo demais, a próxima vez que decida empregar o galego pra dirixirse a min (aínda que co castelán diríalle exactamente o mesmo) por favor, demostre todos os estudos que ten, e non bote a perder un idioma tan fermoso coma este.
De novo gracias,
marquinhos


roonnie dijo
Pero o final falaches con el en persoa, ou directamente, non tiñas estómago.
6 Febrero 2008 | 11:33 PM