Programa "Primavera Activa"
Como non teño moito tempo corto e pego a información e deixo o link por se vos interesa:
Poderán participar no programa aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da súa participación. A asignación de cuartos será a libre disposición.
Meses de Marzo, Abril e Maio.
O programa inclúe:
· Aloxamento en casas de turismo rural.
·Manutención completa (venres: cea, sábado: almorzo, xantar e cea, domingo: almorzo). ·Transporte dos participantes desde a casa rural ata o lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado.
· Programa de actividades, equipo de monitores e material para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas)
O desprazamento ata as casas de turismo rural o día de incorporación e o día de abandono da actividade será por conta dos participantes. Durante o programa, os desprazamentos do sábado realizaranse por conta da organización do programa.
A incorporación realizarase o venres pola tarde e o abandono da actividade o domingo antes de xantar.
60 € por praza. Os posuidores do carné xove Euro <26 e do carné Máis (que debe acreditarse e estar vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 25%.
Os interesados neste programa poderán facer a reserva da súa praza mediante chamada telefónica, a partir do 11 de febreiro, aos números que aparecen relacionados neste folleto para cada unha das opcións, en horario de
O número máximo de prazas que se poderán reservar por cada chamada telefónica será de dúas.


marquinhos dijo
esta opción tamén me seduce...
12 Febrero 2008 | 01:38 PM