Galiza NON SE VENDE
A pesares de que non puiden estar na manifa do domingo en Santiago de Compostela, a verdade é que estou moi cerca de esta causa, aínda que podo discrepar nalgúns aspectos, nunha grande porcentaxe estou dacordo. Porque Galicia ou Galiza non se pode vender a uns cantos que veñen a explotala sen os máis mínimos escrupulos. Como non me apetece escribir moito, copio e pego algunha que outra nova.
A primeira o resumo feito pola organización.
Masiva asistencia á manifestación contra a destrución do territorio
Unhas 10.000 persoas acudiron á convocatoria do movemento Galiza Non Se Vende para manifestarse contra a destrución do territorio. O acto encheu as rúas de Compostela e a Praza da Quintana na que se leu o comunicado final.Dende hai moitos anos non se lembraba en Compostela unha marcha tan multitudinaria como a de hoxe. O ano pasado, o mesmo movemento, denominado Rede Litoral vivo, logrou convocar a 4000 persoas baixo o lema “Galiza non se vende”. As reivindicacións tiveron como denominador común a defensa do territorio galego, ameazado por innumerabeis proxectos que, lonxe de procurar riqueza, esquilman os recursos naturais. Durante o traxecto, festivo e reivindicativo, os representantes de Burla Negra, paroriando aos membros do goberno, rebautizaron diversas rúas da cidade: rúa do doutor Tojeiro, rúa do Villar Mir, rúa do Bipartito… os asistentes procedían de toda Galiza. Das vilas mariñeiras sobre as que pende a ameaza das piscifactorias; do Courel; Lugo; Ferrol e Mugardos, sempre fieles á cita; Pontedeume; Ortigueira; o Ribeiro e un longo etcétera. Durante a lectura do manifesto houbo unha sentida homenaxe a Carmelo Teixeira, recentemente fallecido e fundador do Comité de Emerxencia contra a planta de gas na ría de Ferrol.
A seguinte é moi curiosa. É o resumo da prensa, veredes que curioso, só nos titulares.
La Opinión.
Los manifestantes acusan al bipartito de “continuismo” y de cómplices de la catástrofe. El plan acuícola, Reganosa y las infraestructuras recibieron las críticas más duras.
El país.
La plataforma protestó en Santiago contra el plan acuícola y el urbanismo salvaje
El País-
“Protegemos el medio ambiente como nunca”, dice Touriño
El correo gallego.
Más de 5.000 personas participan en una “mani, festa, acción” contra la “destrucción” del territorio
La Voz de Galicia.
Más de ochenta colectivos integrados en la plataforma «Galicia no se vende» denunciaron que que Galicia se está transformando en un «desierto de monocultivos forestales, hormigón y polución».
El Ideal Gallego Los más de 60 colectivos que integran la red “Galicia non se vende” lograron ayer la participación de miles de personas -que la organización elevó a 10.000 y la Policía redujo a 6.000- en una “no manifestación, sino suma de una “mani, festa, acción” que recorrió ayer las calles de Santiago.
Abc Miles de personas denuncian que la Xunta «subasta» el territorio gallego
La Región Los más de 60 colectivos que integran la red ‘Galicia non se vende’ lograron hoy la participación de miles de personas
Faro de Vigo Los manifestantes acusan al bipartito de continuismo y de ser “cómplices” de los destrozos.
A Nosa Terra A protesta enche a Praza da Quintana con 10.000 persoas, segundo os ecoloxistas e colectivos veciñais convocantes.
Galicia-Hoxe Milleiros de cidadáns, máis de 7.000 segundo a organización, toman Santiago para esixir a fin da destrución do territorio e a “venda do país” por parte dos políticos
Vieiros Dez mil persoas danlle un toque de atención ao bipartito
Isto poderíame dar lugar a varios análise dende as valoracións políticas, as periodísticas e aquipo de como se debe titular. Pero non quero entrar a valorar.
Por último. Deixo a seguinte e de A Nosa Terra.
Beiras e Nogueira participaron na protesta de ‘Galiza non se Vende’
M. V. Dous líderes históricos do Bloque Nacionalista Galego, Xosé Manuel Beiras, e Camilo Nogueira, acudiron á protesta que xuntou a miles persoas este domingo en Santiago de Compostela.
Beiras fixo o recorrido tras a pancarta do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, que pide a retirada da planta de gas de Reganosa da localidade de Mugardos. Durante o traxecto foi saudado por numerosas persoas. Con todo, había carteis nos que se lle reclamaba unha maior oposición ao Plan Acuícola da Xunta de Galicia.
Camilo Nogueira, algo máis atrás, tamén percorreu as rúas de Compostela nunha manifestación na que participaron unhas cinco mil persoas, malia non estar a convocatoria secundada por ningún partido político ou sindicato maioritario no país.
Cánticos
“Galiza non se Vende, goberne quen goberne!”, “Onde está a TVG?” ou “Onde está Nunca Máis?” foron algún dos lemas coreados na Praza da Quintana.
Esta a verdade e que...e agoa non aguanto, os que viñeron detrás creo que deberían reflexionar algunha cousiña, algunha que outra digo eu. Xa sei que é díficil. q nesta vida non todo é branco ou negro. Pero ás veces, non se pode ceder tanto. Bueno deixo que xa vai dabondo.
Por último deixo o vídeo.

