La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

24 Marzo 2008

Ardeu A Mariña na Semana Santa

Bueno, tampouco foi para tanto. Non deu ardido, que choveu bastente.

Co obxetivo de rebaixar un pouco o grado de pornografía que está acadando o noso blog nas últimas datas, gracias a Ronnie, vou poñer eu unha serie de fotos que só son eróticas. E non porque saía xente espida ou media espida, senón porque saen uns bellezóns da hostia. Corréspondese coa visita que me fixeron tres individuos (por non chamarlles doutro xeito máis "duro" ou peor) durante esta Semana Santa. Chegaron o mércores ao serán e marcharon na mañá do sábado. Foi pouco tempo, todo bastante apelotonado (saír de marcha, ir ver varios sitios, etc.), o tempo non acompañou moito, pero eu creo que pasamos uns bos días, que era o importante. Agardo novas visitas (do resto dos comuneiros tamén) non fai falla que vos invite. Sempre e cando non veñades 15 xuntos, que a casa é grande, pero tampouco teño un hotel.

Estas primeiras correspóndese á visita á praia das Catedrais. Houbo que madrugar porque ás 3 da tarde xa era marea chega. A pesar de saír de Viveiro a eso das 9:30 da mañá, houbo que descalzarse para pasar por varios tramos da praia, cando volvíamos de visitar o final da praia. Pasamos verdadeiros momentos de apuro. Por un momento pensei que había que chamar ao Pesca 2, jeje.

Aquí un deses momentos de apuro aos que me refería. Algún ademais de apuro, levou unha boa cuada. Foi o caso de Marcos, aínda que eu penso que só quería gardarse dos seus problemas de hemorroides, jeje.
Despois pasamos por varios pobos da Mariña ata chegar ao punto de partida, onde fumos ao Monte Faro, lugar desde o cal se ve case toda a ría de Viveiro, co pobo ao fondo. Aquí, no medio dun ambiente bucólico e pastoril e cunhas pequenas raiolas de Sol, algúns deixáronse levar polos seus impulsos. Ollo á primeira imaxe e ás caras de pracer. Non digo máis.
Non quería que fose pornográfico, pero ao final... que podo dicir destas dúas imaxes.

Despois de estar no Monte Faro, diriximos os nosos pasos ao Monte San Roque.

Aquí pechamos as visitas do xoves. O venres, despois dunha noite de xoves moi intensa que para uns acabou ás 9 da mañá e, para outros, ás 10, fumos á Estaca de Bares. O temporal comezaba a azotar a costa, o que fixo que o noso camiño cara o punto máis septentrional da Península fose aínda máis duro e difícil (non é unha broma, no verán pasado morrera unha muller que andaba paseando e caera polos abruptos cantís que hai na zona).

Dani preparándose para deleitarnos cun par de tirabuzóns.

Creo que nas caras desta foto se aprecia ben o frío que facía o venres en Bares.

Damián observa con atención o punto no que se xuntan o Mar Cantábrico e o Océano Atlántico.

Aquí uns particulares "Ronaldo" e "Kiko Narváez" celebrando un tanto e xogándose a vida co vento que había, jeje.

O Faro da Estaca de Bares: 33 metros de altura ten a súa torre, mentres que a súa luz ten un alcance de 25 millas.

Dani tamén tivo tempo para deixar a súa propia marca na antiga base militar que os americanos tiñan na Estaca de Bares.

Cando consiga as fotos da cea do Xoves Santo xa colgarei algunha, porque penso que pode habelas simpáticas.

PS: Felicitar a Ana, que onte cumpría 2x primaveras (e nunca mellor dito, que o seu cumpreanos sempre coincide co comezo desta estación). Todos sabemos os anos que cumple, pero por se non lle gusta, non a poño, jeje.

servido por Pontevedra 7 comentarios compártelo

7 comentarios · Escribe aquí tu comentario

roonnie

roonnie dijo

Comentario número 1, estou bastante mosqueado por non ser avisado desta reunión, e comentario número 2, Ana moitas felicidades.

24 Marzo 2008 | 06:20

roonnie

roonnie dijo

Comentario 3.

Miguel, agún día porei pornografía de verdade, para que deixes de manipular os contidos.

Comentario 4.

Grazas pola invitación, que penso cobrar proximamente. jajajajajjaa

Un saúdo.

24 Marzo 2008 | 06:25

marquinhos

marquinhos dijo

non sufro de hemorroides, pero non sei que sería mellor, porque coa cuada botei dous dias que pra que... o mellor de todo foi que vós non a vistes.
pra dúas fotos repletas de homosexualidade que me fan en todo o finde, pq as tes que poñer?onde están as túas, as de dani ou as de damián dende dentro do armario? espero que a miña heterosexualidade non quede en entredito...XD

24 Marzo 2008 | 07:13

Miguelinho

Miguelinho dijo

Bueno marcos, non te preocupes. As miñas fotos cargadas de homosexualidade, contigo na Estaca de Bares, non sairán á luz, jeje.

Ronnie, eu non manipulo nada. Es tu quen está ameazando con poñer pornografía.

PS: Fixádevos na segunda foto. Marcos parece o Marc Lenders nos seus míticos adestramentos contra as olas do mar.

Saúde.

25 Marzo 2008 | 12:34

marquinhos

marquinhos dijo

é o que ten estar tan tocho...

25 Marzo 2008 | 12:05

Miguelinho

Miguelinho dijo

Será eso, será.

25 Marzo 2008 | 02:13

roonnie

roonnie dijo

Por suposto, eres a viva imaxe do sex simbol masculino

25 Marzo 2008 | 11:41

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera