Xan Bouzada
Como xa moitos saberedes, esta semana faleceu Xan Bouzada, ese particular profesor da socioloxía, que fálaba nunha voz tan baixa como rotunda, que parecía ter medo na súa exposición, pero as exposicións estaban cargadas de sentido.
Aquel pelo branco, aquelas gafas grandes e aquelas tardes na facultade pelexando contra o sono, intentando atender a unhas explicacións moi interesantes, mentres entre todos intentabamos que se produxera algo de debate na exposición. Entre todos, ou algúns que nos gustaba que aflorara o diálogo nas súas clases. Moitas veces surxía o tema da telebasura, que emitían a esas horas... mentres nos estabamos nas bancadas da facultade.
Como dixera Carlos unha vez, "es díficil ser más rojo que él" e certamente era díficil, tanto polas súas conviccións como pola súa sólida formación. Iso sí, sempre me quedará na memoria aquela anécdota que contou, era algo así como "o outro día escoitei a Fraga que comentaba un artigo meu no que me daba a razón en casi todo o exposto. E de seguido soltou "será que me estou moderando", entre unha sonrisa que foi correspondida por os que estábamos naquela clase.
Por suposto, estou dacordo con todo o que di o gran Miguel no seu fotolog.
Bueno, espero que fagades algún comentario. Deixo este vídeo de recordo para todos, que gran vídeo e que gran colaboración.


marquinhos dijo
D.E.P. Espero que non sone ó típico que se di cando falece alguén, pero sempre gardarei moi bos recordos de este home, tanto como profesor, un dos mellores da carreira, como persoa.
8 Mayo 2008 | 02:51 PM