La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

26 Julio 2008

Camisolas de Rei Zentolo coa Voz de Galicia

Vouvos informar sobre unha promoción que se lanza este domingo, xa que sei que algún dos comuneros seguen aínda informándose co segundo periodo de Galicia e non co primeiro, jeje.

Con motivo do quinto aniversario do nacemento de Rei Zentolo, A Voz de Galicia ofrecerá unha colección de oito camisetas da popular empresa téxtil galega (por chamarlle dalgún xeito). Cada camiseta poderá conseguirse mercando o xornal (1,10 euros ou 2 euros os domingos) e pagando, a maiores, tan solo outros 3,95 euros.

Os deseños que se van poñer á venda co xornal son os seguintes: Soupa de Grelos, Can de Palleiro, Percedes, Aturuxo, Fame Negra, Sardiñada, Centoloman e Orgullo Galego.

Aquí vos deixo unha nova que fala sobre o tema:

___________________________________________________________________________

La Voz ofrece este domingo la camiseta

Soupa de Grelos

El primer modelo de la colección Rei Zentolo sólo costará 3,95 euros con el periódico

Autor: La Voz
Fecha de publicación: 25/7/2008

Soupa de Grelos fue una de las camisetas que popularizó los primeros diseños de Rei Zentolo hace ahora seis años. La adaptación de la famosa lata de Warhol a los gustos culinarios gallegos abrió una brecha en el mercado (antes, en los mercadillos de ferias de verano y festivales de música) al diseño con referentes de la cultura autóctona. La mezcla de estética pop y tópicos gallegos tuvo un éxito inmediato que ha permanecido en el tiempo.

A partir de este domingo, 27 de julio, los lectores de la Edición de A Mariña de La Voz tendrán la oportunidad de adquirir una colección de ocho modelos de camisetas diseñadas por Rei Zentolo, muchos de ellos, como el de Soupa de Grelos -la primera entrega- ya históricos entre la juventud gallega.

Cada camiseta -de manga corta, 100% algodón, y disponibles en dos tallas (la M, con unas medidas de 53x63 centímetros; y la L, de 57x73,5 centímetros)- podrá adquirirse comprando el periódico del día y abonando 3,95 euros. La primera entrega se distribuirá este domingo. Las siguientes entregas llegarán con el periódico de los martes y los jueves, hasta completar la colección el martes 19 de agosto. En total serán ocho prendas en diferentes colores, con logotipos señeros de la firma Rei Zentolo.

El próximo martes, día 29 de julio, se ofrecerá la camiseta Can de Palleiro, en color beis. Cuentan los diseñadores que la idea del logotipo surgió a partir de los carteles del Icona (el antiguo Instituto de Conservación de la Naturaleza) y de la intención de rendir homenaje a una raza a la que se sienten unidos.

Dos días después, el jueves 31 de julio, se distribuirán las camisetas Percedes, correspondientes a la tercera entrega de la colección. Son prendas en color gris cuyo logotipo, en rojo, representa a un manojo de percebes a bordo de un Mercedes. La asociación de ideas, dicen los diseñadores, era obvia: ¿Quién come percebes?: los de los Mercedes.

El martes y el jueves de la semana siguiente se repartirán las camisetas Aturuxo y Fame Negra. Las tres últimas entregas estarán compuestas por las camisetas Sardiñada (12 de agosto), Centoloman (día 14) y Orgullo Galego (día 19).

____________________________________________________________________________

E aquí unha pequena entrevista ao burelao Miranda, un dos fundadores de Rei Zentolo:

__________________________________________________________________________

«O público adoptou as nosas camisetas

como un xeito de orgullo, de dicir son

galego»

entrevista | xosé miranda | Diseñador

Autor: La Voz
Fecha de publicación: 25/7/2008

Xosé Miranda (Burela, 1970) é un dos creadores de Rei Zentolo, a firma que deu acubillo as ideas de dous deseñadores no 2003, a firma que lanzou unha serie de camisetas con logotipos cargados de retranca e referencias sentimentais a terra. Miranda conta como o deseño en clave galega abriuse paso con humor, moitos días de feira e sen manuais de márketing.

-Soupa de Grelos (a primeira camiseta que ofrece La Voz) foi un dos vosos primeiros éxitos. Como foron os comezos?

-O deseño da Soupa de Grelos naceu no 2002, antes de que nos puxeramos a traballar como empresa. As tendas non nos fixeron moito caso. Non interesaba o deseño de temática galega. Mandaba outra estética, unha estética urbana, dicían. Así que... a patear feiras e festivais. No Festigal de Santiago puxéronnos nunha esquina e o primeiro día case non vendemos nada. Pero o segundo día vendemos as 300 camisetas que levábamos.

-Que mudou para que vos chagase o éxito?

-As nosas camisetas convertéronse nun bum en feiras e festivais, entón empezamos a ter clientes e tendas interesadas na distribución. Que mudou? Supoño que había un mercado para as nosas prendas, o público adoptounas como un sinal de identidade, un xeito de orgullo, de dicir son galego, de acercarnos ao noso. Tampouco temos posibilidades de facer grandes campañas de promoción. Fomos coñecendo o mercado pouco a pouco, e recorremos Galicia darriba abaixo en plan comercial.

-Como é o proceso creativo dun deseño?

-Primeiro lanzamos unha tormenta de ideas, logo cada un fai os seus deseños (somos agora catro) e pómolos en común. Hai moitos que rematan no caixón, pero cada seis meses sacamos unha colección nova. O éxito dos deseños varía. Hai algún dos primeiros que fixemos que hoxe se vende ben. No caso da Soupa tivemos a mala sorte que un programa fixo o seu logo a partir da lata de Warhol, e a xente que non coñecía a Warhol identificaba a nosa camiseta co programa.

-Cal é a razón de que se vendan tan ben?

-Os nosos deseños no se basean na cor, aínda que as veces o que fai que unha idea aparcada empeza a funcionar é un simple cambio de cor. O noso é algo máis. Un slogan, unha idea coa que a xente se identifique.

__________________________________________________________________________

Eu creo que é unha gran promoción, que lle vai facer vender bastantes xornais máis dos habituais á Voz. Desde o punto de vista do marketing penso que acertaron de cheo.

Saúde.

miguelinho

servido por Pontevedra 7 comentarios compártelo

7 comentarios · Escribe aquí tu comentario

dani

dani dijo

shhh!! calla tío, que después vamos a ir todos vestidos iguales!

26 Julio 2008 | 11:43 AM

roonnie

roonnie dijo

Pero según di a nova, só é para a edición de A Mariña ou é para todolos lugares. Ilustranos, por favor.

26 Julio 2008 | 06:03 PM

Miguelinho

Miguelinho dijo

É para toda Galicia e, imaxino para todos os lugares onde se venda a Voz de Galicia (imaxino que alí teranas que encargar). Aí fala dos lectores da Mariña porque o saquei da edición daquí.

Un saúdo.

26 Julio 2008 | 10:12 PM

Miguelinho

Miguelinho dijo

Cando dicía alí referíame a lugares como Madrid, Barcelona, etc.

26 Julio 2008 | 10:13 PM

ana

ana dijo

Falando en termos de marketing pareceme un acerto para a Voz, que venderá un montón de exemplares en todo Galicia.
Pero pareceme un desacerto de imaxe para Rei Zentolo. Unhas camisetas, que ainda que as tiña todo o mundo, non se vendían en todas as tendas e que tiñan un certo aire de "exclusividade", de "auténticas" e "de autor", pasan a ser distribuídas a gran escala a prezo de ganga e nun quiosco. Para min, é unha estratexia de marketing equivocada para a imaxe que teñen ahora. Pero ó mellor e que queren cambiar a imaxe e ser outro Inditex.

29 Julio 2008 | 12:36 PM

Xabi

Xabi dijo

totalmente d'acordo con ana, índa que, visto o visto... a cantidade de marcas que se apuntaro ao "reizentolo style" (caramuxo e compañía, aínda sen saber quen foi antes de quen...) iso de exclusividade xa perde o seu sentido orixinal

29 Julio 2008 | 10:15 PM

papichulo

papichulo dijo

pois a min paréceme ben que os rapaces queran darse a coñecer ó gran público. hai pouco lin noutro blog que eran uns vendidos por facer camisolas tamén en castelán.
eu coñezo persoalmente os zentolos e sei que foron os primeiros en facer camis con tópicos galegos e en galego porque son galegos e aman galicia, sen intentar buscar máis connotacións de ningún tipo.
pois si que estamos apañados, agora van a abrir en madrid ¡a quen se lle ocurre querer que o negocio vaia para arriba!
xa que son galegos, se podemos criticalos e que se afundan, adiante, sempre nos quedarán as megaempresas con mellor prensa coma kukusumuxu, que non son galegas pero son colegas de buenafuente.
dende logo, así nos vai ós galegos....

28 Agosto 2008 | 12:50 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera