Noite de sensacións
Como bó cidadán e mellor galelo, jajajjajaja, acudin a desfrutar da noite do Apóstol a Santiago, noite que desfrutei coma un neno e que pode titularse como noite de sensacións, todas elas distintas entre sí, pero moi agradables. Noite máxica que comecei desfrutando con unha boa tirada de fogos, que aínda que demasiado preto da catedral puiden desfrutar da lucería, e da música e da maxia da noite, nunha praza do Obradoiro como sempre chea, por todolos lados. Por certo entrei de milagre, 5 minutos máis tarde e non paso nin de broma.









Bueno, e tras isto tivemos unha boa noite desfrutando da noite e da festa, é a primeira vez que miro a xente facendo botellón diante dunha orquestra, que sensación impresionante, jajajaj despois incluso subín a Noria, e teño un peluche novo tras afinar a miña puntería. JJAJAJAJAJAJ. Pero probablemente o que máis me impresionou foi escoitar a unha charanga con 200 persoas detras, bailando coa xente e tocando música dance. Iso sí que foi un verdadeiro espectáculo. Como podedes ler unha noite completiña, nun marco espectacular como é Santiago.


Bueno, e por último puiden vivir de primeira man un concerto puramente independentista. Tras encontrarme a Ángela, que me guiou de forma axeitada, econctrei os concertos organizados pola BRIGA, cun claro caracter independentista, tanto que entre discursos de Fidel Castro, voces críticas contra Zapatero e compaña, puiden ver como queimaban unha pancarta con varios rostros. Só adiviñei o de Quintana, para despois dous encapuchados tenderan a bandeira de Galiza coa estrella vermella do poder popular. Como dixen, foi unha noite moi fructífera. Por certo, cheguei a este punto porque nestes concerto estaba un amigo, que levaba un pedal como un mundo. Dios mío, era alcohol puro.


Como podedes comprobar foi unha noite que me serviu par enriquecer o espíritu e por alí andaba a cámara para retratalo. Por certo, tamén me serviu par amarrar un bó enfado con Renfe por suprimir un montón de servizos o día 25 o que provocou que chegara as 10 da mañá a casa e tras pasar por Vigo. En fin, que a xestión de Renfe foi o peor da noite, o que provocou as miñas queixas na estación de Vigo. E, por certo, non estaba cocido, de feito non me cocín en toda a noite, apenas bebín. Vale, xa sei que custa crelo, pero foi así.
Por certo, entereime de que tamén estivera por alí outra xente, bueno, a Ángela encontreina. A ver se poñen a súa crónica.
Un saúdo.


Xabi dijo
sen comelo nin bebelo, a min pilloume no medio da algalia a maniifa dos independentistas e os antidisturbios detrás deles... non foi un momento agradable
29 Julio 2008 | 10:13 PM