La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

7 Agosto 2008

O sitio onde traballo

Como últimamente somos moitos os que actualizamos pouco na comuna, e o noso segundo aniversario comunal pasou sen pena nin gloria, parece que é un bo momento para que nos poñamos ó día. Desde que puxen as fotos das oficinas de Google, empeceime a atopar con listas como estas: link1, link2 e link3. Creo que esta é unha boa forma de actualizar e actualizarnos, poñendo unha foto e contando algo do que facemos, así que empezo eu.

Ana

Traballo nunha emisora de radio municipal desde fai 11 meses (o 17 de setembro remato o contrato).

Este é a mesa é o ordenador nos que se reproducen salsa, bachatas, reggeaton e demais ritmos latinos durante 23 horas e media ó día. A restante media hora divídese en dous programas informativos de 15 minutos de duración (en realidade é só un programa que sae ás 15.00 h e se repite ás 18.00 h).

Este é o ordenador e os micros secundarios, para cando traballamos os 3 "profesionais radiofónicos" ó mesmo tempo (cousa que non pasa moitas veces, así que normalmente está apagado).


E este outro é o ordenador que teño para conectarme a internet polas mañás e poder buscar as noticias máis frescas e as reportaxes máis actuais ;). Este ordenador é de uso público, por eso cada vez que se apaga borra toda a información que está no disco duro. Apágase con bastante frecuencia e é o culpable de que se me borrara este post duas veces antes de poder publicar.

Este é o bar onde me paso as tardes botando unha man na casa! E faltaríame poñer a mesa de traballo onde me pasei bastantes horas sentada durante o mes de xuño para poder entregar a tempo a miña tesina para o DEA (Diploma de Estudios Avanzados), que presentarei no mes de setembro.

servido por Pontevedra 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Xabi

Xabi dijo

agora entendo o do ordeñador no que se che borran os datos...
Estaría bem que fosemos colgando as fotos do noso posto de traballo, como a web esa de "hi from job"
Por certo, NORABOA polo TIT, en setembro xa terás a "suficiencia investigadora" pra poder facer a tese!!!

8 Agosto 2008 | 08:26 AM

dani

dani dijo

TIT es abreviatura de TITulo??? :)
no, fuera coñas. no sé que es.

en cuanto a la iniciativa, me gusta.

acabo de sacar unas fotillos a la oficina. a lo mejor un día de estos me atrevo a publicarlas

8 Agosto 2008 | 11:22 AM

Xabi

Xabi dijo

TIT é o acrónimo de Traballo de Investigación Titorizado (tutelado), do segundo ano de doutoramento, que che da acceso ao DEA (Diploma de Estudos Avanzados) que, ao tempo, te acredita como investigador e te autoriza a poder realizar, presentar e defender unha Tese Doutoral....
si, a verdade, que complicación de nomes....
A ver se me animo eu a facer unhas fotos ao meu despacho-comuna a semana que ven, a que esta.... esotu de vacaçoms.... que gustazo!!!!

13 Agosto 2008 | 11:44 AM

cazandobiosbardos

cazandobiosbardos dijo

Comentario que tiña gardado de hai moito tempo: a min o que máis me gusta do estudio son os posters das festas colgadas como se fose un botiquín das festas. Por certo, vós sabedes que quero dicir con botiquín?

Saúde.

3 Septiembre 2008 | 01:07 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera