Carencias de legalidade
Bueno, como moitos sabredes por Galiza adiante están facendo un tal Eixo Atlántico de Alta Velocidade, máis coñecido como AVE, porque así é como lle chaman os políticos. Pois bueno, o que dicía é que como moitos sabredes, e polas diversas discusións xurdidas entre os diversos políticos, este "AVE", vai chegar a Vigo a traves dun túnel de ó redor de 8 km. Precisamente a entrada deste túnel é en Redondela, concretamente na parroquia de San Estevo de Negros.
Claro que os veciños da localidade non están moi contentos con este extremo, basicamente, porque non poden durmir por ruidos, o pó das obras inunda as súas casas e están tódolos días pasando camións polos arredores. Por non falar dos xa centos de fincas e parcelas que teñen expropiado para simplemente depositar terras.
Pero, o que iba, o que quixera contar neste caso, é que a propia administración non cumpre a lei que ela marca. Porque para este tipo de obras realízase un Estudio de Impacto Ambiental, que o realiza o Ministerio de Medio Ambiente, e que é de obrigado cumprimento. Naturalmente, isto faise para que as obras afecten o menos posible o entorno, ademais de contaminar o mínimo, etc etc. Pois ben, nesta reportaxe, aparece como a propia administración fai caso omiso a estas obrigas. Estes son algúsn extractos, dos máis interesantes.
A Declaración de Impacto Medioambiental publicada o xoves, 14 de xullo do 2006, establece claramente que a zona do río Maceiras ten que ser excluida como zona de vertedeiro, xa que constitúe unha "zona de especial vulnerabilidade á contaminación", por constituír un dos "acuíferos detríticos porosos aluviales, deltaicos y costeros según el EIA" (Asociación Española de Avaliación de Impacto Medioambiental)".
As actuacións no Val do Maceiras, distan moito da resolución de Impacto Medioambiental, xa que esta zona converteuse no principal vertedoiro de terras de todas as obras, que se están a realizar no concello de Redondela. Como apunta o estudio, son numerosos os canais de auga e manantiais que xurden neste val e que desembocan no río. Nun paseo pola zona pódense encontrar ata 8 regatos, algún deles que xa empezan a trasportar as terras das obras, e numerosos mananciais, que teñen o risco de ser sepultados polos metros de recheo que se incrementan cada día.
E outro máis.
A Declaración de Impacto Medioambiental tamén obriga a colocar "barreras de retención de sedimentos, balsas de decantación, zanjas de infiltración u otros dispositivos análogos con objeto de evitar el arrastre de tierras a todos los cauces atravesados o próximos al trazado, en especial a los ríos Maceiras...". O longo de todo o seu curso por San Estevo (ó redor de 1.000 metros), o Maceiras carece de protección específica, salvo en 25 metros, onde foron colocados diversos empaques de palla a un metro do río.
Isto todo quería comentalo porque despois as distintas administracións son as primeiras en recomendar que non consumamos auga de máis, que nin tiremos lixo a rúa, que hai que reciclar, que non se pode contaminar, que temos que coidalo entorno, coidar os ríos........... E eles son os primeiros en pasar de todo, e tirar para adiante cando hai un pouco de urxencia. E, para iso, non teñen problemas saltarse as leis que fagan falla. Iso de predicar co exemplo, parece que non o teñen moi claro. Pois nada, a contaminar.
Un saudiño.

