La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

23 Agosto 2008

Piragüismo

Tras moitos días de Xogos Olímpicos, nos que lle estou sacando especial partido o sofá da casa, vou a escribir un artigo sobre estes que me pide o corpo. Porque nestes días puidemos comprobar como un deporte como o piragüismo meteu 3 medallas na delagación española, e, en todas elas, estaban presentes palistas galegos, e concretamente, saídos da Península do Morrazo, membros dun clube humilde como o Ría de Aldán.

Decir que tanto David Cal, como Carlos Pérez Rial "Perucho", saíron deste clube e nos campeonatos nacionais, de vez, en cando aínda baixo o seu nome. Igual que Teresa Portela que, como integrante do K-4 feminino quedaron quintas na final. Sempre me chamou a atención a labor destes clubes, como o Ría de Aldán, aínda que poderíanse encontrar moitos outros, xa que con catro duros, e uns apuros tremendos realizan unha labor de base incríble, metendo os nenos no deporte, dende mozos, e como se ve, de vez en sae algún que outro froito. Igual, son esaxerado, pero algún que outro dirixente político debería ter en conta estes aspectos, porque todos quedan moi ben intentandose poñer detrás das medallas, pero deberían por máis atención neste viveiro de atletas, que sen eles non existiría a élite destes deportes minoritarios.

Podíame extender un pouco máis, sobre o aspectos que chirrian dentro do piragüismo galego, e das loitas políticas que hai no seu interior, tamén podía escribir como o PP inténtase apropiar dos metais de Cal e facer política con eles, sempre coa complicidade do seu entrenador, o señor Morlán. Pero, hoxe non é día porque hai que dicir, que como de costume, os deportistas fixeron calar os directivos e demais interesados, xa que coa actuación nos Xogos, reivindican o deportista humilde, que vive no anonimato e que leva un traballo diario bestial para acadar estes resutados.

Outro aspecto interesante foi a entrada nos Xogos, de Carlos Pérez e o seu compañeioro Saúl Cravioltto, xa que dúas parellas distintas conseguiron a clasificación para Pekín, e tivo que decidir a Federación cal delas cmpetiría nos Xogos, xa que só podía ir unha. Esta vez deron de pleno, e a parella conseguiu unha medalla de ouro, totalmente imprevista. A verdade é que fixeron unha carreira espectacular vencendo por case nada a parella alemana, uns "superhomes" que levaban dende o ano 2001 sen perder unha soa regata, é dicir, que a medalla do galego "Perucho" e do seu compañeiro Craviotto, foi se cabe máis importante.

Non quero esquecerme da gran Teresa Portela e das súas compañeiras do K-4, que tiveron un quinto posto na final de 500 metros, esta vez non puideron chegar as medallas, pero, é o que ten o non haber proba de 200. De todas formas, é unha galega máis na élite, outra do Morrazo, e tamén dese clube o Ría de Aldán.

Carlos Pérez é o máis baixiño dos dous.

Por certo, Cal terminou vomitando a regata de hoxe, o que mostra as dificultades para conseguila.

Imaxe anterior de Teresa Portela.

servido por Pontevedra sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera