La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

4 Septiembre 2008

Inicio do curso político do PP. Fraga

Sí, como algún podía imaxinar o sábado tocoume a lotería, e tiven que acudir a inauguración do curso político do PP, que se realizou no Castelo de Soutomaior, que a verdade é un lugar moi bonito.

Como ía dicindo, por alí estaban os maiores galos do partido, empezando con Rajoy, e Soraya e seguindo por outros, Feijoo e Louzán, ademais de múltiples políticos locais, e afiliados e simpatizantes, así como, as xuventudes de Nuevas Generaciones, colocados convintemente detrás do atril das intervencións, quedando os moitos vellos do lugar para as zonas exteriores. Entre outras anécdotas estivo a chegada tardía de Corina Porro o que provocou que quedara sen sitio, e tivera que estar de pé, a "muller con extra de maquillaxe".

Podíanse contar algunhas cousas máis, pero sen dúbida, unha das cousas máis me chamou a atención foi a presenza do "querido" camaleón político, Manuel Fraga, que tivo que ser axudado por varias persoas para chegar a súa cadeira e tamén para subir o atril, no que pronunciou un discurso improvisado e cando menos sorprendente.

Neste discurso, claramente alonxado do resto das oratorias da xornada, todas elas centradas na situación política actual, Fraga actuou como só sabe facer, mezclando churras con medianas e combinando frases de "tengo 85 anos e unha perna escarallada" ou o PP, "sempre foi un partido de centro-reformista, é dicir de centro e reformando o que houbera que reformar".

Aínda que a súa elocución tamén tivo fases brillantes, como a mención a un artigo do xornal El Pais, no que se afirmaba que en China era a hora de que empezara a surxir "Fragas" que axudaran a unha mellora desa dictadura bestial ou, a referencia a "O Príncipe" de Maquiavelo. Nesta cita falando de Fernado "O Católico", falaba que alá nos fins da etapa medieval e comezos da moderna, este político, casado coa tamén raíña, Isabel, converteuse no político político de maior influencia en Europa, como recoñecía Maquiavelo no seu libro.

Pero Fraga dixo algo maís, tamén comentou que este home, ou máis ben esta parella, foron os creadores dunha gran patria, e os primeiros en concebir o sentimento nacional español, e por iso eran dignos de todo recoñecemento. Claro que Fraga, non recorda a represión brutal que fixeron estos reis, que oficialmente expulsaron os musulmáns da Península, podemonos imaxinar, que formas usaron para expulsalos, ou cantos deles, directamente, foron eliminados, e non expulsado, sempre co pretexto da relixión, que para algo foron "Reis Católicos", para poder matar coa cruz cristiana diante. Isto sucede cando o nacionalismo e a relixión pasan por enriba de calquera tipo de dereito.

Bueno, pero a todo isto, no post quería destacar o carácter de camaleón político de Fraga, e como ó longo do tempo supo poñerse no lugar que lle correspondía para poder sobrevivir tanto él como o seu partido. Incluso nestes tempos (a pesares dalgunha declaración fóra de contexto), no que supostamente Fraga, por lóxica, pensamos que estaría do lago de Aguirre e demais membros do PP. Por contra, sitúouse do lado de Rajoy e do sector máis renovador do partido, ¿quen o diría?. Pero sí, unha vez máis e a pesar dos seus 85 anos, situose no lado máis acertado, no que tiña máis fúturo e máis posibilidade de éxito para o seu partido. Está claro, que en canto a visión estratéxica, ten unha clara visión de fúturo. É Fraga en estado puro, na súa faceta de camaleón político.

Os de CQC tamén estiveron alí. jajjajaajajajja

P.D. Que ninguén pense que este tipo de traballos achéganme en algo o PP, as miñas posturas seguen moi lonxe deste partido.

servido por Pontevedra 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

cazandobiosbardos

cazandobiosbardos dijo

Así que misturou "churras con medianas". Un crac Fraga, sen dúbida.

Eu o outro día aparecín nos xornais ao carón dunha política do PP, pero tamén quero deixar claro que eso non vira a miña ideoloxía política.

Saúde.

4 Septiembre 2008 | 11:44

marquinhos

marquinhos dijo

churras con merinas (dúas razas de ovella)
surxir- xurdir
non o podo evitar, XD
por certo pudeches comentar algo mais dos de CQC que era o máis interesante home... XD

5 Septiembre 2008 | 07:21

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera