Concurso Logo Universidade de Vigo
Reenvioume Cristal o link a este concurso da uvigo. Ó mellor o enviou a máis xente, pero por sealguén non o ten deixo cortes das bases:
-O presente concurso ten como obxecto a selección dunha idea para crear un
novo logotipo da Universidade de Vigo e a concesión dun premio a esta idea.
-Poderá participar neste concurso calquera persoa física ou xurídica.
-Establécese un premio único de 12.000 euros para o/a concursante que
presente o deseño de logotipo seleccionado polo xurado. O importe estará
suxeito ás retencións fiscais segundo a lexislación tributaria española.
-Valoración:
a) Capacidade da proposta para representar os valores e personalidade da
Universidade de Vigo (de 0 a 5 puntos).
b) Adecuación da solución gráfica ás necesidades da institución (de 0 a 5
puntos).
c) Aplicabilidade e declinación da proposta (de 0 a 5 puntos).
d) Potencial da proposta (de 0 a 5 puntos).
-Prazo: Ata o 16 de outubro
Bases do concurso


ana dijo
Non me deixa poñer o link, así que o pego aquí:
http://www.imaxe.uvigo.es/concurso_web/logo_gal.pdf
23 Septiembre 2008 | 10:02 AM