La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

26 Septiembre 2008

Anorak Studio (Oleiros) e as habilidades comerciais

Quero rediseñar a web da casa dos meus pais. A web que temos ahora, fíxena eu fai algúns anos (daquela que cursabamos unha asignatura de deseño web na facultade e que lle collera o "gustillo" a eso do deseño gráfico, creo que en primeiro ou segundo curso). Por eso esta semana me dirixín a AnorakStudio un "estudio de comunicación visual y desarrollo en Internet que inicia su actividad en 2002 en Londres y en 2005 se constituye en A Coruña" por mail, despois de ver algún dos seus proxectos.

Boas, Estou buscando unha empresa de deseño web para actualizar e redeseñar a páxina do meu hotel rural. Teño o dominio e o aloxamento xa, ainda que non me importaría cambiar de proveedor. Quería saber se me podíades facer un presuposto. Quero unha web de deseño limpo, deseñada para posicionarse nos buscadores. A web que temos agora é www.hotelpontesdegatin.com pero queremos algo totalmente distinto. Como documento adxunto envío unha proba do estilo que estamos a traballar ahora en comunicación. Moitas gracias

Como documento adxunto enviei un tríptico que deseñamos fai uns meses:
Ó día seguinte recibo a sorprendente (por non dicir outra cousa) contestación:

Ola Ana, Gracias por contactar connosco. Polo que nos dis no teu email non somos o tipo de empresa que estás a buscar. En Anorak desenvolvemos proxectos creativos desde o principio ao final, non traballamos sobre estilos nin creatividade que non saian do noso estudo. Espero que atopes o que buscas. Un saúdo e gracias de novo!

Quedeime un pouco sorprendida con esta contestación, tanto pola falta de interese, como pola actitude na resposta. Así que non puiden evitar contestar:

Hola -----, Entendo a vosa forma de traballar e gustáronme os proxectos que xa realizastes. Por ese motivo me puxen en contacto con vos. Non considero que no mail que vos enviei coartara tanto a liberdade de ningun creativo, simplemente me parece que as diferentes accións de comunicación do meu hotel deben ter unha coherencia e unha imaxe común. Se unha axencia de publicidade non é capaz de entendelo, tampouco é a axencia que busco para que me axude a promocionar o meu negocio. Un saúdo,

Esperei antes de colgar o post na comuna por se recibia unha resposta dicindome que houbera algún mal entendido de por medio, pero supoño que non.
Solo necesitaba compartir con alguén a miña indignación. Considero que hai moitas formas de rexeitar un proxecto, como por exemplo dicir que están saturados, que non traballan con clientes tan pequenos, que non lles gusta o proxecto, pero de aí a rexeitalo porque o cliente di que ten que ser acorde coa súa imaxe... Creo que non fun tan impositiva...

nota: se alguen coñece algunha axencia disposta a aceptar o reto de deseñar con estes condicionantes que me pase o contacto

servido por Pontevedra 9 comentarios compártelo

9 comentarios · Escribe aquí tu comentario

marquinhos

marquinhos dijo

de oleiros tiñan que ser...

1 Octubre 2008 | 06:57 PM

Ángela

Ángela dijo

a min tm sorprende q che contestaran iso, q maneira de tirar coa vida...
ao mellor pensaron q lle faga a páxina os mesmos q lle fixeron o tríptico!

1 Octubre 2008 | 08:13 PM

Xabi

Xabi dijo

xa ves, hai xente con tanta creatividade por milímetro cadrado nos seus cerebros que non poden aceptar ningunha liña impositiva / proposicións do cliente.
Eu anímote a que pases das axencias, que lle den por culo, e que diseñes ti a páxina web. Hoxe en día existen ferramentas de software libre moi decentes e moi manexables.

6 Octubre 2008 | 10:56 AM

Victor

Victor dijo

Creo que por algunha razón (non se se fustración túa por algo, ou enfado cara a esa xente ou o gremio) tomáchesche a mal o email deste estudio. Eu lendo o que che contestaron entendo que son bastante educados no que din , e un email moi correcto e cun ton moito máis educado que o teu. Eu tampouco contestaría ao segundo teu, porque vexo un mosqueo pola túa parte que non entendo. Cada empresa é libre de elixir con quen quere traballar e eu non lle daría máis voltas, faina a túa como di Xabi!
Ti tes a liberdade de elexir a quen tes na túa casa e eles a súa de elexir con quen traballar, non me parece nada malo, todo o contrario! sorte e que encontres, por se te serve a continuación un par de empresas:
www.bapconde.com
www.ideacreatividad.es

17 Octubre 2008 | 01:06 PM

Eugenia

Eugenia dijo

Creo que la respuesta de Anorak es correctísima.
Claro que estás coartando la libertad creativa poniendo como punto de partida un trabajo mediocre y por lo que he visto en su web el nivel de tu folleto está a años luz de sus servicios creativos. ¿Has hecho tu misma ese folleto?...quizá por eso estás indignada. Menos mal que aún quedan profesionales capaces de decir que no. Creo además que si les dieses el proyecto completo te harían un trabajo de premio!.

23 Octubre 2008 | 11:23 AM

Sonia

Sonia dijo

Ana: no deberías ponerte así, han sido muy honestos contigo y no se han ido por las ramas: a lo mejor es eso lo que te ha ofendido. Tía, no sé por qué prefieres que te mientan y te den excusas. Ellos fueron directos y no te han hecho perder el tiempo, que es mucho más de lo que la mayoría de las empresas de hoy en día hacen. Bicos
Sonia (El Burgo)

23 Octubre 2008 | 11:42 AM

ana

ana dijo

Este interese repentino por un post que escribin fai un mes é algo sospeitoso. Pero bueno... Non pretendo xustificarme, porque simplemente puxen a miña opinión sobre o trato que me deron. E os comentarios non me fixeron cambiala. Pero sí se me fai necesario algunha puntualización para que non quede así a conversa.
- Non é "enfado nin fustración" cara o gremio ou esa axencia en concreto. Da axencia non sabía nada antes e o gremio da publicidade e o deseño non me inspira precisamente enfado.
- Ao de "Creo que la respuesta de Anorak es correctísima" que dicir... Cortés e educada si, pero se fose "correctísima" non me levaría a escribir esto.
- Se eu quixera facer unha web mediocre como o meu folleto non me poñería en contacto con profesionais do deseño.
- O post colgueino na comuna porque polo perfil dos que aquí escribimos, quedaría como unha anécdota ou curiosidade. Para deixar constancia da importancia da liberdade creativa para algúns deseñadores. Porque dudo que AnorakStudio viva sólo dos premios que gaña polos seus traballos (supoño que tamén lle pagarán algo os clientes). E o que está claro e que os clientes non queren só unha web de deseño, senon unha ferramenta de venta.
- Se a intención fora facer dano á empresa colgaríao noutros sitios e enlazaríao a todo o que me fose posible para que en vez de aparecer na segunda páxina de resultados de google se vira máis arriba. E houbo tempo para facelo, pero non
era o meu obxectivo.

23 Octubre 2008 | 04:43 PM

roonnie

roonnie dijo

Bueno, a verdade é que a contestación de anorak estudio é correcta e clara, pero para min , comparto con Ana a impresión de que é un pouco pretenciosa e engreída. Se eu fora de anorak estudio non descartaría un negocio dun xeito tan rápido, diríalle "Ana nos só traballamos dende procesos creativos que saen do noso estudio, se estas disposta a comenzar un proxecto dende o inicio poderíamos falar...".

O que non comprendo é a resposta de "Eugenia", só dicirlle que por moi profesional que sexa, que sepa que Ana tamén ten realizado algún que outro traballo para axencias de publicidade, e creo que me quedo corto. Polo tanto, ese gremios de "profesionais fantásticos que aínda din que non" non sei o que se refire. Por certo, non sei se esta muller, será algunha directora creativa ou algo así para afirmar con tanta rotundidade que todos os elementos anteriormente deseñados son "tan mediocres". Primeiro preguntese vostede se eses elementos eran os que máis lle interesaban nun momento dado ao hotel, e tamén, preguntese pola relación custe-calidade. porque o mellor para o presuposto existente trátabase de un taballo fabuloso.

Un saúdo.

25 Octubre 2008 | 02:43 AM

Ángela

Ángela dijo

A Eugenialacontradicciones y a SoniadeelBurgo se les va la pinza!

A primeira finaliza a súa aportacióndestructiva dicindo que a axencia dos seus amigos (I guess...) actuaron de xeito profesional porque rechazaron sen máis unha oferta de traballo e ao mesmo tempo reconoce que no caso de telo aceptado conseguirían un traballo final óptimo... q mo explique?!?!

E á segunda dicirlle que a honestidade nunca é brutal, xamais! O que si é "atrevido" é supoñer que é o que prefire alguén que está manifestando unha percepción ou un sentimento!!

Desde logo, Ana: non sei porque prefires crear debate sobre o tipo de actitude relacional para con @s client@s que deberían por en practica unha axencia "bien" a quedarte jodida e calada sen dar pío!

26 Octubre 2008 | 02:32 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera