Panel na entrada do noso edificio
Hola:
O noso edificio, no que estamos de aluguer en Santiago, ten esta inscripción na entrada.

O debate sería o seguinte, ¿tense que retirar ou non?. Hai que ter en conta de que se trata dun símbolo da falanxe, pero, non e propagadístico do partido, senón que é o Ministerio de vivenda de aquela época. Entraría dentro da categoría de publicidade institucional do Estado. Esta inscripción non está moi lonxe das que actualmente realizan as administracións cada vez que realizan unha obra na estrada, ou inaguran un edificio.
Por contra, hai unha importante diferenza, aquel goberno era dictatorial e fascista, con todo o que iso supón.
Deberíase de retirar????????????????
Eu a verdade é que non o teño de todo claro, así que espero ler argumentos convincentes....
Un saúdo.


marquinhos dijo
No portal do piso dos meus pais temos exactamente o mesmo cartel. Na miña opinión deberíase retirar. A razón é que simplemente é un símbolo feixista.
25 Octubre 2008 | 11:41 PM