Paradigmas da vida galega x Roonnie
Levo un par de semanas coa idea de subir este artigo, pero non teño moita idea de como plantexalo. Dende que estou en Compostela chamoume a atención unha curiosa situación cotidiana, e que poderíase dicir que pola semana atópome dentro dunha suposta sociedade moderna, avanzada, no que se podería chamar a "élite intelectual galega". Estou nunha sociedade urbana, dentro dunha urbe e cuns determinados servicios.
Por contra, chego a casa e os sábados, teño que axudar na casa coas labores do agro. Deste xeito, en menos de 12 horas paso a ter roupa vella, angazo e chimpín "tractor), para ir a buscar comida (herba), para a becerra que temos ó lado da casa. Sen dúbida, paréceme unha situación curiosa, e ata algún momento paradóxica de como se poden combinar ambos mundos, e, como se poden dar este tipo de situacións ó longo da xeografía galega.
Supoño que este tipo de cousas será algúns dos encantos do país, e tamén, supoño que é unha das principais riquezas, pero non deixa de remexerme pola cabeza esta situación, e cada vez que me sucede pareceme máis peculiar.
Un saúdo.


Ángela dijo
É interesante que sexas consciente, que sexamos conscientes diso q dis, porque é moi probavel que a nosa xeración sexa das últimas en recorda-lo e vivi-lo.
E máis q tinhamos q combinar tarefas intelectuais com tarefas de trabalho físico no campo!! Deste xeito non había quen nos ganhara (a masa labrega)! Digocho eu q xa tenho unha marca de guerra (espetín um garabuxo) no papo... :P
21 Noviembre 2008 | 12:20 AM