La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

4 Marzo 2009

Despois do 1M...

... o máis sensato é pensar coma o Pontevedra: “Hai Que Roelos”.

Bem, o máis sensato para todos estes que, despois do 1M ás 22:00h “ya lo sabían”. Sí, agora todo o mundo sabía que a campaña presidencialista de Touriño fora un fracaso, que o reparto eólico ía a traer consecuencias, que ao mellor non era o momento de aplicar o decreto do ensino en galego... tantas cousas que “xa se sabían”...

Gustaríame compartir convosco - comuna de roghos (moitos incluso nacionalistas) - unhas cantas consideracións sobre o acontecido nos últimos días (non so este domingo).

Antes de nada, e como compañeiro de profesión, gustaríame sinalar a gravidade da intromisión dos MEDIA na campaña política. Parécenme gravísimos os feitos dos últimos días da campaña por parte de diarios como ABC (dosificación de información contra o bipartito) e EL MUNDO (pediu o voto directamente nun editorial o venres para unha determinada forza política).

O da VOZ, mellor que o comente miguelinho, iso a min xa me dá arcadas. Aínda así, tampouco quero xustificar o incesante apoio de Xornal para co BNG.

Con isto quero defender unha tese de Buenaventura, que dixo que “os media son actualmente un factor de distorsión social”. Eu diría máis: son culpables e síntomas ao tempo da inmadurez política e democrática da nosa terra, e tamén do estado español. Creo que, aínda que sexa moi discutible, non se deron as condicións mínimas de hixiene democrática nesta campaña.

Agora, a polas forzas políticas:

· PP: os gañadores. Si, incrementouse a participacion (pola tarde, tradicionalmente voto de esquerdas) e non so gañaron, senon que arrasaron. Unha maioría (non aplastante) convincente para poder sentirse lexitimados coas súas políticas.

Creo que souberon capitalizar a crise cunha boa campaña de desgaste do bipartito, MOI apoiados polos media. Concédolles o mérito de saber apartar a figura de Fraga, aínda moi presente entre o electorado da dereita galego (aínda que non o fixeran en Arxentina - falo das fotos dos autobuses urbanos).

Hei de dicir (e sei do que falo) que nin eles o esperaban, pero o caso é que recobraron o poder tan so 4 anos máis tarde. 4 anos. Que pasa? Que non gustou o bipartito? Que Galicia é de dereitas e non hai volta de folla?

Hoxe todo o mundo ve os defectos do bipartito, pero cando eu avisei dalgunhas cousas que non me parecían de recibo no meu concello, ninguén me fixo caso (e con esto non quero apuntarme ao carro dos “eu xa o sabía”).

Por exemplo, o pacto de non agresión entre o bipartito non me pareceu bem (recordoume, salvando as distancias, ao pacto xermanosoviético anterior á IIGM). Hai nacionalistas que non queren saber do psoe, e hai socialistas que non queren saber do nacionalismo. Sabemos todos que,hoxe por hoxe, teñen que gobernar xuntos, pero non por iso se presentan xuntos. Esta e outras cousas que vou a comentar agora, son para min a clave do descontento. Sexamos claros, a clave dos 115.000 votos menos.

PSOE: Touriño asumiu moitos riscos, e perdeu. E ostiouse de carallo. E, segundo din, non quería dar a cara o domingo para dar explicacións. Ninguén lle recomendou atrasar as eleccións ata marzo, e tomou a decisión sen consenso.

A súa campaña presidencialista (por certo, que levou a Sra. Rushmore, axencia de moda) foi todo un erro. Touriño non era Fraga. Para ser Fraga hai que ter carisma, non chega con sair nos medios todos os días e parecer un tío guai.

A cabeza de Touri xa rodou, e parece que Pachi Vázquez é o máis probable no PSOE, agora que se sinte forte (xunto a Ricardo Varela) e que, se gañan o 5º deputado en Ourense co voto da emigración, estaría en condicións de pedir, xa que foi o único gañador do seu partido.

BNG: se non digo esto, revento: creo que Quintana é un chulo. Non é polo do iate (xa sabemos que a foto é do 2005), senón porque asumiu o cargo de vicepresidencia con moita altanería, polo menos para min. Á xente non lle molestaba o audi de Touriño, moletáballe ter dous presidentes.

Creo que á xente lle molestaba que as consellerías fosen compartimentos estanco, que hobese dous gobernos paralelos (na nosa área: comunicaición e audiovisual, sí que pasaba) e que, polo menos en Ourense, Medio Rural levara unha política de contratación neofraguista.

O BNG fixo cousas moi boas (bantegal, aposta polo software libre...) pero outras non gustaron tanto. Creo que Cultura foi un “bluff”, non se pode vivir so dos partidos da Selección Galega (por certo, qué pasará con ela agora?).

Espero que agora haxa unha reflexión profunda, a UPG ocupe o sitio que merece (que non é liderar o BNG) e que roden cabezas. Si, creo que hai xente que non merece estar á fronte do BNG. Unha opción sensata, a pesar da idade, sería Suarez Canal.

BNG e PSOE perderon máis de 115.000 votos. TEGA + UPyD (sen comentarios) + IU gañaron máis de 50.000. O PP subiu 3.000... non cadran os números.

A miña teoría é que os vellos que morreron dende o 2005 (recordade o avellantamento da nosa poboación), voto tradicional da dereita, se viu compensado pola migración da esquerda ao PP. Isto é, o voto de castigo da esquerda, que soe ser voto nulo ou branco, foi a parar á dereita.

O de UPyD non ten nome. 4ª forza política... 23.000 votos.... incrible. A estes, e sobre todo ao PP, fixéronlle un favorazo os contramanifestantes do 8F, que converteron ao PP nuns mártires, no canto de demostrar qué realmente pasaba (que se manifestaban contra o uso do galelgo).

Por hoxe xa me cansei de escribir. E, dito esto, xa podedes poñerme a caldo.

Xabier

Tags: politica

servido por Pontevedra 13 comentarios compártelo

13 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Brugal con Cola

Brugal con Cola dijo

Interesante reflexión, muy interesante, coincido en gran parte.

Creo que al votante de la calle poco le importa la resolución del concurso eólico y demás temas, de mayor altura digamos. A lo del Audi, Feijoo le supo sacar ese punto necesario para echarlo en cara.

También creo, como dices, que el problema del bipartito era el tener 2 cabezas, una con más poder, y otra queriendo tener ese mayor poder. Ahí estuvo la clave para mí.

Por cierto, tampoco me acaban de salir las cuentas con lo de los casi 120.000 votos perdidos por el bipartito. Lo de UPyD es consecuencia de ello.

Por cierto, destacar que el BNG lleva un par de elecciones perdiendo muchos votos, cosa que no le impidió estar en el poder estos pasados 4 años.

Saludos

5 Marzo 2009 | 02:48 AM

Luís

Luís dijo

Eu evaluei os datos do número de votos, e as cifras cadran perfectamente e o explico no meu blog:

http://aeirinadepedra.wordpress.com/2009/03/02/valoracion-das-ele...

Non tedes en conta os votos nulos e en branco, que sumados aos votos que subiu o PP, e os de UPyD, TEGA, IU, e demáis partidos pequenos, dan un total aínda maior que os votos perdidos polo BNG e PSOE conxuntamente.

Subliñable que case se duplicaron o número de votos en branco, tradicionalmente consideredos votos de protesta.

Outro punto importante: o PP non gañou as eleccións, foi o BNG e PSOE quen as perderon.

Creo firmemente que foi a esquerda quen quitou do poder ao bipartito, deixando de votalos.

Un saúdo!

5 Marzo 2009 | 09:16 AM

Xabi

Xabi dijo

Certo, Luis, non tiven en conta os votos nulos e en branco. Tes razón, así os datos casan mellor.
Os únicos que non se deberían ter tan en conta son os de IU, xa que foron 3.500 votos de subida. Sigo pensando que houbo uns miles de votos de esquerda que foron parar á dereita.
Ao mellor equivócome, so é unha teoría.

5 Marzo 2009 | 09:41 AM

roonnie

roonnie dijo

Eu creo que a esquerda debería plantexar duas cousas moi en serias. Como non foi capaz de sacarlle nin un voto o PP. E, é máis, como conseguiu que a dereita se bótase a rúa, a votar, a pesares de facer unha política moi moderada.

Por certo, os números non cadran tan fácil a subida do pp e maior que falta a emigración.

Un saúdo.

5 Marzo 2009 | 11:29 PM

roonnie

roonnie dijo

Outro detalle, eu votei a IU, por varias razóns entre elas a xestión de cultura, a xestión medioambiental e a de infraestructuras.

Pos certo, Xabi, tranquilo home que non te poñemos a caldo............ Só dicimos o que pensamos, jajajjaja

Un abrazo e gracias por escribir.

5 Marzo 2009 | 11:31 PM

marquinhos

marquinhos dijo

interesante artigo, pero discrepo no de que votos de esquerda se fosen para a dereita.

está claro que estas eleccións perdeunas o bipartito, non as gañou o PP, e a min non me extraña ( e si, xa o sabía). atribuiría a derrota a varias cousas: a crise (hai moitos que cren que culpa dos de aquí), os rumores filtrados polos medios e ben comentados aqui, e, sobre todo, e máis importante para min, a sensación de desencanto co goberno, despois de anunciar o cambio a bombo e platillo.

algúns de esquerda votaron en branco, outros probaron alternativas exóticas... e o de UPyD confío en que en parte sexa ignorancia e noutra parte posibles votantes de PP, Falange... que esa maña se levantaron bromistas.

é unha pena que a outra opción sexa PP, pero son as consecuencias de que a esquerda sexa máis crítica cos seus propios erros

a considerar tamén o mínimo do 5% fixado hai decadas para entrar no Parlamento e que os de sempre (os 3) non cambian, porque lles interesa. que bonito sería ver alternativas entre 5, 6 ou 7 partidos; e non dous coma agora, PP ou non PP.

pra rematar, e disculpade a inconexión dos argumentos pero as horas non axudan, o peor non son estes catro anos. o peor ven despois: según os expertos, dentro de 3 anos, mais ou menos, verase unha recuperación económica desta crise; ese momento coincidirá cos últimos anos da lexislatura que empezará en breve; agora, adiviñade quen se vai atribuir o mérito da recuperación económica. os que onte votaron PP volverán votar PP e algún indeciso, pois como nos axudaron a recuperarnos da crise, pois cecais tamén o vote, e os emigrantes, e os de UPyD y otros, etc.

asquearse da política, e sobre todo dos políticos, con 24 anos, é cedo demais?

6 Marzo 2009 | 02:08 AM

ana

ana dijo

Desde que xabi escribiu o post levo intentando comentar algo, pero e que me enveneno solo de recordar os resultados das eleccións e o que vai ser o presidente da Xunta de Galicia nestes catro anos... E eso que non podo queixarme, porque non fun a votar!
Prefiro pensar na política desde o punto de vista da comunicación, que é a única forma na que me parece interesante. Pensar que os personaxes que saen nos carteis e se pelexan e atacan sen piedade, manipulando ata o mínimo acontecemento, son os que rixen a sociedade en xeral e a sociedade galega en particular... Eso, que me envenena e me da vergonza a partes iguais!
E desde o punto de vista da comunicación, deixando a un lado a ética, foi unha campaña moi interesante, especialmente para min que teño material para a miña tese sobre a publicidade negativa!
Creo que o erro do bipartito foi non responder con violencia verbal á violencia verbal do PP. Porque nesta campaña houbo de todo... ata violencia de xénero.
Na miña opinión, a campaña estivo centrada no despilfarro do bipartito e na sua incapacidade para facer fronte á crise. Así, moita xente foi a votar para castigar a Touriño, por comprarse un Audi e por remodelar o despacho. E agora respiran tranquilos porque Feijoo o vai vender! Tamén tirará co despacho e gastará outro pastón en arreglalo á súa maneira?
O de que ninguen se lea os programas non é novo, pero creo que as sillas e o audi foron o elemento movilizador do PP para estas eleccións, o programa podia poñer Lorem ipsum, Lorem ipsum, Lorem ipsum, que da igual. Ademais do asunto do perigo de extinción do castelán, que eso xa non vou entrar a valoralo, porque non entendo como son capaces de facer que tanta xente o crea.
E hoxe sae o "presidente electo" dicindo que se acabaron as galescolas e que os pais van poder escoller o idioma no que os seus fillos cursen as asignaturas troncais. Ó marxe do adecuado ou non deste tipo de escolas infantís, pareceme vergonzoso que se aproben medidas e plans de estudos á lixeira e dependendo da continuidade ou non dun goberno.
Non o podo crer! Non é posible que o mesmo PP de fai catro anos volva a gobernar en Galicia... E menos que os seus primeiros actos de goberno sexan tirar por terra os proxectos do anterior! Imos cara atrás en todos os sentidos!!

6 Marzo 2009 | 08:04 PM

ana

ana dijo

(Inciso: Anxela, se non sabes o que é Lorem ipsum chamame que cho explico). ;)

6 Marzo 2009 | 08:04 PM

Ángela

Ángela dijo

hahahahahha! perdón q a entrada non merece esta falta de seriedade...
máis ben teria q tar chorando pero á q xa m explicou Ana o q era lorem ipsum hahaha :P:P

10 Marzo 2009 | 03:58 PM

roonnie

roonnie dijo

Eu tampouco o sei................

10 Marzo 2009 | 06:09 PM

Ángela

Ángela dijo

Pois é raro q tu non o sepas Ronnie, pq eu q son d interior inda bueno pero tu q eres de vila marinheira........ se non o entendes pergunta-lhe a Ana ;)

10 Marzo 2009 | 09:52 PM

Miguelinho

Miguelinho dijo

Si, pregúntalle a Ana que aló nas Pontes teñen un océano criminal. ;)

11 Marzo 2009 | 12:55 AM

roonnie

roonnie dijo

Oceano non sei, pero o que se di turismo rurale..............

11 Marzo 2009 | 12:13 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera