La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

24 Marzo 2009

Algunhas razóns da fuxida de votos da esquerda

O outro día, puiden mirar perplexo a acción realizada polo goberno catalán. Ese magnífico desaloxo dos estudiantes que protestan contra o plan de Bologna. Esa magnífica reforma da universidade para converxer con Europa, cando países coma Francia ou Alemaña, xa parecen desbotar esta reforma.

Pois ben, o noso querido goberno non se lle ocorre outra cousa que seguir adiante con esta reforma, que incide na desigualdade dos alumnos, concede préstamos-beca (toma iso, modelo estadounidense), e masters con tarifas leoninas. Ademais, de plegarse ante as esixencias empresariais en vez de buscar intelectuais con actitude critica. E isto todo non o digo eu, senón que o comentou un profesor catalán que fala na SER.

Por se isto non fora suficiente. Ahí están as imaxes.

Iso, así me gusta, a mellor forma de rematar cun asentamento pacífico no reitorado da Universidade de Barcelona é metendo alí a policía a soltar paus a estudiantes e periodísticas. Toma xa.

Nada, igualiño que na dictadura, a policía na Universidade, non pode haber maior contradicción e maior barbaridade. E despois o PSOE estrañárase de perder eleccións, mentres que non entenda que con estas accións é como relamente perde votos, os votos que lle deron o goberno. Porque os que puxemos a estes ahí, non o fixemos para que defenda a privatización universitaria, nin a imosición violenta.

Bueno, creo que está, que empezame a subir o enfado de máis.

servido por Pontevedra 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Xabi

Xabi dijo

Bufffff.... en que tema te metiches... Bolonha.....
no 2004, sendo bolseiro de qualitas, xa estabamos a voltas co tema (www.qualitas.uvigo.es) e si, había cousas boas, pero a aplicación práctica de Bolonha era umha auténtica salvaghada.
Eu creo que o problema é que os profesores rexeitan a adaptación principalmente porque supón moito máis traballo para eles (titorías dan máis traballo que clases maxistrais) e moitos alumnos se están deixando manipular como pasou coa lou.
Enfín, eu vexo moitas cousas discutibles en Bolonha, pero non todas as que ando a escoitar por aí.
En canto á vinculación da actuación da policía co PSOE non estou para nada de acordo. de feito, o título do post creo que é moi enganoso!
A brutalidade policial (que non o monopolio da violencia lexítima) non é achacable ao goberno no PSOE, polo menos para min. Iso si, nin defendo á policía, nin á actual xestión do goberno de ¿esquerdas? que está a gobernar o Estado español.

Despois de ler o título do post pensei que te referías á dereitización da sociedade española (tese que sigo defendendo, grazas, sobre todo, á xente tipo "Gloria Lago" e ás súas actuacións pseudodemocráticas)

24 Marzo 2009 | 04:13 PM

roonnie

roonnie dijo

O PSOE goberna en España e en Cataluña. E a actuación policial é por orde da subdelegación do goberno ou da generalitat. Que os policías son traballadores, que cumpren ordes. Niso, estou totalmente en desacordo contigo, os responsables son os que dan as ordes.

26 Marzo 2009 | 01:21 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera