La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

12 Mayo 2009

E despois queixanse estes de GB.

Mirade que nova. O corpo pídeme levar unha cámara, poñelos de costas e dicir que non dan a cara porque teñen ameazas e estas cousas.

Denuncian irregularidades na Capitanía Marítima de Burela

Tres empregados din sentirse acosados e discriminados por utilizar o galego

Tres traballadores da Capitanía Marítima de Burela, apoiados pola Mesa pola Normalización Lingüística, denunciaron onte publicamente supostas irregularidades no funcionamento desa administración. Trátase de Brais Fernández, Carmen Ferreiro e Manuela Arias. Dous deles están de baixa porque din sentirse «acosados, discriminados e excluídos» no seu posto.

Explican que todo comezou porque «non nos deixaban escribir nada en galego, nunha vila onde máis do 90% dá xente fai a súa vida nese idioma». A mediados de novembro dirixíronse ao capitán marítimo, Rafael Casanueva, para comunicarlle a situación e explican que, non só non fixo nada, senón que «tomou represalias» cambiándoos de posto de traballo e marcándolles «pautas de actuación distintas ás dúas outros compañeiros». Declararon que desde entón sofren «faltas de respecto, (...) exceso de carga de traballo, por pánico a que denunciemos outras cousas». Refírense, concretamente, a un suposto «absentismo laboral, aceptación de agasallos ou permitir navegar barcos que non están en condicións, con informes que advirten que non deben saír do porto porque poñen vidas en perigo». Explican que aínda non denunciaron os feitos nun xulgado, pero que o comunicaron, entre outros, ao subdirector xeral de Coordinación e Xestión Administrativa, ao anterior e actual subdelegado do Goberno en Lugo, e ao representante da Oficina dás Linguas Oficiais.

Pola súa banda, Rafael Casanueva, capitán marítimo, nega que haxa discriminación por usar o galego: «Aquí emprégase indistintamente galego ou castelán, e ata inglés, e sempre foi así». Tamén nega o acoso e asegura que os cambios de posto afectaron a varios traballadores e non significaron exclusión. En canto ás acusacións máis graves, di que non hai denuncias no xulgado e que, en calquera caso, terían que demostralo e, de facelo, o Ministerio tomaría as medidas oportunas.

servido por Pontevedra 8 comentarios compártelo

8 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Miguelinho

Miguelinho dijo

Podería falar algo máis desto. A redacción chegaron unhas acusacións dunha parte que non foron publicadas, pero que eran lamentables.

Un saúdo.

13 Mayo 2009 | 01:07 AM

roonnie

roonnie dijo

Pois sí, poderías comentar algo disto.................. jajaajajj...... aínda que sen mencionar fontes nin nada que non se puidera.

13 Mayo 2009 | 02:16 AM

Ángela

Ángela dijo

Pois esta é a realidade q sofren a día de hoxe moitas e moitos galegofalantes...... estas últimas semanas estivemos indo aos liceos, aquí en Ourense, para facer dinámicas c@s estudantes e concienciar de que a única maneira de facer fronte a GB é empregando o galego, e as profesoras aproveitaron para contarnos o acoso que sofren por parte de cert@s profesores (que por certo militan en GB)..... que se lhe vai facer! xa caeran polo seu propio peso........ hate!

13 Mayo 2009 | 03:19 PM

Miguelinho

Miguelinho dijo

Jorquera preguntou no debate do estado da Nación e Zapataro dixo que se ía interesar por saber o que sucedía na Capitanía Marítima de Burela.

13 Mayo 2009 | 03:58 PM

Miguelinho

Miguelinho dijo

O das fontes, querido Ronnie, parece mentira que non saibas que son segredas. Antes teño que informarme ben.

O máis triste do tema de GB e do galego-castelán é que se está facendo unha bola grandísima a partir dunha polémica totalmente artificial. E é ben triste.

13 Mayo 2009 | 03:59 PM

roonnie

roonnie dijo

Anxeliña da nosa vida, estaría ben que escribiras unha entrada contando eses casos de forma máis pormenorizada.

14 Mayo 2009 | 02:32 AM

Miguelinho

Miguelinho dijo

Ao final, a Avogacía do Estado deulles a razón aos traballadores.

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/07/03/0003_7824750.htm

4 Julio 2009 | 02:34 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera