Voltamos ás mesmas
As veces chámame a atención o inútiles que chegan a ser os políticos. Parece mentira que o PP, non aprendera nada da súa anterior etapa. Un dos sectores chaves na súa saída foi o audiovisual, que realizou unha campaña intensa e moi clara para sacalos do poder. Estes regresan agora e voltan a cometer novos erros. Despois de falar de reformas e patapín, patapán, director do ente público a dedo, así como, da radio e da tele. E, veña a recentemente nomeada directora da galega, cargase Caixa Negra, o capítulo das Vacas Tolas.
La nueva dirección de TVG decidió aplazar la emisión, prevista para ayer a las 23.20 horas, de un documental del programa A caixa negra, dedicado a la crisis de las vacas locas. Fuentes próximas a la cadena anunciaron que el espacio, de la productora de Antón Reixa, se recuperará en fechas futuras. Justificaron su aplazamiento por «responsabilidad social», ya que a su entender podría perjudicar al sector ganadero gallego, inmerso estos días en una grave crisis.
Por suposto, La Voz, non entra nas verdadeiras causas. Pero, aposto o que queirades que este programa non volta a saír na televisión público. E é unha verdadeira pena, porque era un dos mellores programas dos últimos anos, que abordaba os temas como o Casón, ou o caso Nécora (tratados ata agora), de xeito realmente bó. Con multidude de miras e un gran plantexamento, lonxe de ser partidista.
Pero claro, parece que hai certo medo, ou diría eu medo a información. Pois iso, unha dobre pena, pero está claro que a nova dirección parecelle máis imporante saldar vellas contas, e cargarse un programa da productoria de Reixa, antes de apostar por unha tv. de calidade, como era este programa. Claro, que como substitución entra Clint Eastwood e unha de vaqueiros (non teño nada contra Eastwodd), pero está claro que é unha declaración de intencións. Nova dirección, olvídense de facer algo de información comprometida e real. Todo o que busque obxetividade, eliminado. Unha pena, por este que era un magnífico programa. Menos mal que deume tempo a ver e conservar os dous primeiros. O do Casón unha xoia, por certo.
E repito, unha pena que estes populares non aprendan nada. Pois iso, se queren voltar a cometer os erros que os sacaron do poder, pois adiante. Comezan facendo amigos.
Un saúdo.


Miguelinho dijo
Se alguén quere afondar máis, aquí ofrecen máis información:
http://www.lavozdegalicia.com/genteytelevision/2009/06/03/0003124...
Disque o pediu Xóvenes Agricultores (ou non). Xa sabes, un sindicato agrario afín ao PP. En fin... que queres que che diga.
Na campaña, Baltar e os seus palmeros daban pasquines nos que lle dicían á xente que o Bloque ía expropiarlles as terras co Bantegal. Agora disque non era tan malo e só fai falla pulilo un pouco. Van ser catro anos animados. Seguramente tamén duros porque van atentar día si e día tamén contra os dereitos sociais, na medida que poda, pero van ser moi animados. Despois de campaña de esterco que fixeron os populares, imaxino que a oposición non se quedará sentada no salón da casa.
Por certo, a ver se me pasas o do caso Nécora, que o do Casón vino e foi realmente interesante.
Saúde.
PS: Un dos catro candidatos a ocupar a presidencia da CRTVG era un tal Arturo Maneiro. Non digo nada máis...
4 Junio 2009 | 12:12 AM