Como algúns de vós xa sabíades, estiven uns días de vacacións en Utrecht.

Utrecht é unha cidade non moi grande (ten a poboación de Vigo) pero é looooonga, moi longa (polo menos, 4 veces Vigo). Tan longa e espaciada, que o servizo público de transportes está dividido en 5 zonas dunha punta a outra (sen contar os barrios periféricos.

E agora que estaredes pensando na súa ubicación, Holanda, e que este país enseguida induce a locais vagamente iluminados e dos que flúe un extraño (pero sabroso) cheirume e un vago fume... hei de dicirvos que non entrei en ningún coffe-shop.
Si, confirmo que se pode ir a Holanda e non entrei nun coffe-shop. Como lle dicía á miña moza (con quen fun) “hai viaxes que se fan coa moza, e viaxes que se fan cos colegas...”
Supoño que o entenderedes.
Tamén supoño que entenderedes o cachete que levei pola súa parte!

A “excusa” para ir a Utrecht (vamos, hai bastantes cidades que me gustaría visitar antes ca esta) foi un congreso de estudos de xénero (é curioso, os homes a esto chamámoslle “congresos feministas”). Ela levaba unha ponencia, e eu faría a presentación (yes, with my spanglish).

Do congreso pouco podo dicir; nin é meu tema de investigación favorito. Creo que ela é a máis indicada para falar da calidade do evento.
No entanto, hei de facer un par de anotacións.
· A costa de parecer sexista, e aínda que pareza obvio... as holandesas estanvos moi ricas!
· Este tipo de congresos son un fervedeiro de mulleres. Qué pasa, que os homes non investigan temas de xénero?
· Este tipo de congresos é, con perdón pola expresión, un mercado moi interesante para as lesbianas. Non é ningunha tontería, dígoo en serio. Non vos imaxinades a qué me refiro a que o vexades por vós mesmos. Se tedes a oportunidade, podedes comprobalo no vindeiro congreso.
· Roonnie, había de pasalo moi bem na Holanda... seguro.

En canto á cidade, moi bonita. Por certo, que foi alí onde se firmou a paz que lle daría Gibraltar aos ingleses, ata o día de hoxe (e en 4 anos faránse os 300 anos dese acordo).
A reseñar da cidade:
· Todos, absolutamente todos os condutores son encantadores (e falan inglés!). Imaxinádesvos a un condutor de buses urbanos que te atendera en perfecto inglés en Santiago?
· A dieta dos holandeses é unha porquería. Desque vin a unha persoa xantar un capacho de patatas fritas e dúas mazás, quedei traumatizado.
· O das patacas fritas (esto xa o comprobara en Bruxelas) ou “frits”, é coma o noso churrasco. A todas horas entra! incluso no verán con calor. Hai varias cadeas de pataquerías que vendían patacas a todas horas, e con 21 clases de salsa para elexir. Se non che gustan as patacas, corres o risco de ser deportado.
· O holandés (como lingua) é moi chungo. Parécese ao alemán (que tamén é chungo). Aprendelo é chungo. Esforzarse por pedir o almorzo en holandés é chungo, e, no meu caso, patético.
· A bicicleta é o medio de transporte nacional. Isto é normal, alí non saben o que é unha costa, nin unha montaña. En media hora de tren de camiño a Amsterdam, non se ve nin no horizonte o máis parecido a unha montaña.
· O uso da bicicleta é intensivo: pasear, ir ao traballo, ir de marcha... é moi chocante ver a tipos con traxe ou mulleres con falda e tacón na súa bicicleta. Eso explica os seus glúteos de aceiro.
· As bicicletas son todas vellas. Cando digo vellas, é que son as mesmas que saen nas pelis sobre o nazismo. Algunhas delas conservan o “freo alemán”: se lle das aos pedales ao revés, esto é , no sentido contrario ao das agullas do reloxo, frenan.

En definitiva, un lugar bastante recomendable. A parte vella é moi bonita, e ten unha torre de máis de 500 escalóns, que pese ao meu medo ás alturas, subín (e o que é máis difícil, baixei). Os meus cuádriceps aínda teñen maniotas hoxe... e alá arriba quedou parte do meu corazón dando voltas arredor da cúpula da torre.

Para ver algunhas das fotos, entrade no meu facebook: www.facebook.com/xabier.rolan
Espero que pasárades un bo rato lendo esto e vos tomasedes as miñas palabras con humor (sobre todo as mulleres) que é dende onde escribo.

Un saúdo, camaradas

Xabi

PD: para os camaradas “reintegratas”. O holandés e o flamenco, aínda que linguas distintas (disque) teñen a mesma escrita. Para non correr o risco de desaparecer, o flamento adaptouse á grafía do holandés (entre outras cousas) para non quedar isolado e condenado a desaparecer. Tomouse o acordo hai uns 20 anos, e é bastante difícil atopar literatura en español ao respecto.

A alguén lle soa esta situación lingüística?