<!-- @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->
A pesar de que un está un pouco canso de polítiqueos e de políticos con boas armas e malas intencións, este ano leveime unha agradable sorpresa nas eleccións da Facultudade de Xornalismo na que se elixen os representantes dos alumnos nas Xuntas de Facultade. Porque a pesar de estar un pouco canso de estas historias, estaba máis canso de ver os alumnos parados, sen ningún tipo de compromiso, que deixaban pasar e facer sen misturarse en ningún tipo de iniciativa e deixando pasar a etapa universitaria sen despertar ningún tipo de implicación social nas suas cabezas. A min isto, páreceme especialmente preocupante, xa que considero a etapa universitaria, como a de máis liberdate ideolóxica e tamén, de actuación, para poder realizar cousas, que anos despois serían imposibles de facer. E este motivo, é un dos principais polos que estou de volta na Universidade.
E ben, como digo estaba un pouco decepcionado, porque parece que cada ano que pasa os alumnos implícanse menos, pero sorprenderonme estas eleccións, xa que en lugar de ser un simple trámite, no que salían elexidos membos dos Cómites (antigos CAFs vinculados a esquerda nacionalista) con catro votos, da pouca xente que iba a votar, comenzaron a surxir listas alternativas, e a vivirse ambiente electoral, con implicación do alumnado, campaña electoral e inclusive debates. Tamén, é certo, que gran parte debeuse a aparición na Facultade de Ciencias da Comuniciación do Elga (Estudantes liberais de Galicia). Esta organización está respaldada a nivel galego polo PpdeG, aínda que nos seus membros hai una hetereoxeneidade importante. Dende nacioalistas próximos a dereita a outros que simplemente se presentan para amolar ó sindicato da esquerda.
Ademais dentro da nosa facultade están, precisamente, as posicións menos próximas ao PP, xa que defenden o galego, e non practican unha política especialmente reivindicativa nin dereitista de privatizacións extremas e subida de taxas. O que sí é certo e que na creación da candidatura tivo un especial peso un profesor de dereitas e galeguista, Miguel Anxo Bastos Boubeta, que comeza a postularse para as eleccións a rector do vindeiro ano.
Isto todo está relacionado, porque precisamente a aparición deste grupo espertou o intérese e incluso se chegou a realizar un debate na facultade, e tamén un en Correo TV, que tivo a súa formación nunha presentación de Elga na Facultade de Xornalismo. Precisamente, os membros dos Cómites que tan disgustados estan pola aparición da alternativa opositora, deberían estar especialmente agradecidos, porque nestas eleccións están sendo escoitados, mentres que nas anteriores ninguén sabía da súa actividade (a pesar de que eran os máis votados). O mellor altofalante para eles está sendo a aparición da oposión, e os debates na cafetería, a circulación de panfletos, o debate aberto...
A resulución será mañá nunhas eleccións que venceran os CAF, aínda que eu espero que ELGA saque algún representante (aínda que non máis que un), hai nove a elixir, e tamén outra candidatura como IESGA, esquerda, vinculada o socialismo. Pero, sobre todo, espero que se alcance unha participación próxima o 40%, que sería máis que destacable, posto que nos últimos anos non chegou o 20%. E hai outra cousa que a min aínda me gusta máis, que as listas son ABERTAS, é dicir, por primeira vez vou a elixir de forma directa a quen me saía do bolígrafo. E, iso para min, é un gran pracer.
P.D. Como veríades pola miña argumentación, non seguirei a consigna de ningún grupo. Jajajajjajaja.


Unha pena non dar chegado para as votacións. Para o ano que vén pensarei en facer un sindicato independente, só para a nosa facultade. Pode estar moi interesante, jeje.