Bueno, a pesar de las críticas de Miguel a este períodico. Tengo que decir una cosilla. con esta portada estoy totalmente de acuerto, ilustra de manera perfecta lo que es el fanatismo religioso y los motivos por los que no trago a la Iglesia Católica.
5 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados


Buff, imos por partes, porque creo que hai moito que comentar.
1º) Non caías no amarillismo, que parece que estás dicindo que eu poño a parir todos os días ao Xornal, cousa que non é certa. Só digo que todos os bloqueiros que critican durantemente á Voz e alaban ao Xornal, "porque este si que é un xornal independente" e cousas do estilo, están moi errados.
2º) Eu tamén estou de acordo co que quere dicir a portada. O que dixo o "señor" Munilla é profundamente lamentable, por moito que o queira disfrazar agora de que non se entendeu a mensaxe teolóxica. Pamplinas!
3º) Non estou en nada de acordo coa portada en si, co tratamento e coa foto escollida. Paréceme moi desagradable e pouco acertada. Aínda o outro día estivemos comparando na redacción as portadas da Voz e do Progreso do día despois do seísmo. A da Voz era bastante dura, cunha muller en primeiro plano atrapada ou acabando de saír de entre os escombros. Na do Progreso, que a min me parecía aínda máis forte, saía un home debaixo dos escombros, morto, pero non era tan visible como a outra, porque se vían uns pés de xente viva por riba. É máis doado se vedes as imaxes e así tamén podedes comparar.
La Voz: http://www.lavozdegalicia.es/fotos/2010/01/13/0110126336579885484...
El Progreso: http://elprogreso.galiciae.com/pdf_files/14012010compendio_2.pdf
Pero ben, ao que vou. Esta é moi máis dura e desagradable, tendo en conta ademais que é un xornal que pode ver calquer neno nun kiosko. Non creo que fose necesario mostrar esa cantidade de cadáveras para demostrar a animalada que dixera o "señor" bispo. E o que menos me gusta é acudir a unha imaxe de moitos mortos para deixar en evidencia a un cura e, dalgunha forma, facer política con ela. É poñerse á altura de medios como ABC ou La Razón.
Saúde.
Ahh, por certo, que xa me esquecía de comentar o titulillo inferior da parte dereita da portada, que fai referencia a esta información.
http://www.xornal.com/artigo/2010/01/16/politica/bng-solicita-exp...
http://www.xornal.com/artigo/2010/01/16/politica/ampliacion-plant...
Paréceme lamentable toda a información que está sacando o Xornal sobre a nova rotativa de La Voz. É bastante indigno que se dediquen a dicir en voz alta o que comenta Quintana e Aymerich sobre o emprego que dará a inversión do Igape na devandita rotativa. Primeiro, estes están acabando co nacionalismo (Beiras, volve de todo xa!) e, segundo, é triste que inclúan os do Xornal o tema do emprego e que os traballadores da Voz aceptaron unha baixada do 3% dos seus salarios para que non houbera despidos, cando Xornal en menos dun ano de vida xa pechou unha delegación (a de Vigo) e mandou a dous xornalistas á rúa (ofrecéndolle facerse autónomos) e ao outro que había na cidade olívica o recolocou en Santiago.
E, por certo, volvendo á foto e tema da portada, gustaríame coñecer a opinión do director-xerente do Xornal sobre a mesma e sobre toda a información que sacaron nos días anteriores sobre o Opus Dei, un tipo que estivo na órbita do mesmo. Que moito progresismo e defensa de Galicia, pero ao pouco do cambio de goberno, houbo cambio de cromos e puxeron de segundo de abordo a un dos xornalistas máis conservadores que había na Voz de Galicia. Para o que queira saber máis sobre este tema, unhas pinceladas. Moi interesante, sobre todo, a relación que ten co hotel "antigalego" da Toxa:
http://perfectoconde.blogspot.com/2009_07_06_archive.html
Como o meu tema era sobre a portada é o cura, non teño a intención de comentar os outros temas aínda que podería, simplemente incluín unha pequena referencia e Miguel co seu carácter corporativo entrou a saco. Como fai normalmente. De todolos xeitos, outro día colgarei algo sobre o tema dos dous xornais e ahí darei a miña opinión.
Sobre se a fotografía é oportuna. O sinto, pero neste caso e en outros moitos (no caso so xornalismo) non me sirven as excusas da autoregulación. O periodismo debe contar o que pasa, guste ou non, sexa dramático ou non. Ou que queremos facer como a administración Bush que prohibía as imaxes de Irak para manter controlada a opinión pública.
Por qué me parece axeitada a portada de Xornal, porque cando o señor obispo di iso, ten que saber o que está dicindo, que é o que sae na foto, por moi forte que sexa a fotografía. Estou seguro que cando lle ensinaron a portada de Xornal daríase conta da barbaridade que dixo e non creo que volva a repetila. Iso se lle queda algo de autocrítica o seu pensamento.......
E bueno, mira, para min é máis amarillismo o que fixo La Voz coa foto do barco (sen situala no espacio temporal), pareceme amarillismo cando se realiza unha fotomontaxe, pareceme amarillismo cando se manipula terxiversa e non se quere contar a realidade.
Incluso me parece máis amarillista a foto de La Voz que a do Progreso, pero das tres a que menos denunciable me parece é a de Xornal. Polo motivo resume a situación global do país, non cae en personalismo nin en situación persoais temporais, como as outras dúas (que continúan sendo unha boa fotografía). Non sei se me explico, pero creo que a capacidade se síntese informativa é maior.
Por certo, a min parece máis peligroso para os nenos un obispo que di esas barbaridades que non a portada de Xornal. Parecema máis peligros aunha película de Stallone na sobremesa que a portada de Xornal. O sinto moito, pero para min é así.
Vale que igual estou influido pola miña devoción pola fotografía e a súa carga significativa, Pode ser, non o poño en cuestión.
Munilla = IMBÉCIL INTEGRAL
vaia impertinencia a foto... non fai falta esa foto pra saber que foi unha catástrofe e que o bispo ese meteu o zoco (por non dicir que é un gilipollas). innecesaria, amarillista, retorcida, morbosa, dañina...
o neno non sabe quen é o bispo, probablemente nin escoitara o que dixo e en todo caso non o entendería, pero esto...