<!-- @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->

No tema de Rosa Díez quixen tomarme un dias de reflexión para acercarme a esta entrada de modo pausado, en deixarme guiar pola indignación dos primeiros días e a verdade é que aínda non o conseguín. Para min é realmente difícil calificar a esta señora sen utilizar termos como idiota, subnormal, ignorante, listilla, tonta e algún máis. Si, sei que é de mala educación e de pouca clase, pero é o que me pide o corpo a pesar de que xa pasaron varios días. Pois así é a cousa, ten gracia que unha política vasca e españolista veña a insultarme por ser galego. Ademais, tendo en conta que esta muller só pisa Galicia para acudir a manifestación de Galicia Bilingüe. Pois mire, politicucha de medio pelo, todo o que lle chamo non fai falta especificar se é en sentido pexorativo ou non. É por certo, temos 3 universidades, 3, e tamén bos debuxantes...