Entre as miñas actividades por Santiago está a de pegarme algunha que outra carreriña para manter a forma. Maís ou menos o vou conseguindo e o otro día descubrín unha paraxe espectacular. Trátase do entorno do Río Sarela. Cerca de Galeras e do Campus Sur, na estada do Pedroso hai unha pequena igrexa e alí, pegado o río iniciase un paseo, estreitiño e realmente interesante que se integra na paisaxe do río e que inclúe unhas cantas pontellas, algún que outro molino e moita vexetación de ribeira. Así, entre árbores, cheiriño a polen primaveral e ruido da auga fixen o outro día o recorrido correndo. A primeira parte en baixada e a segunda en subida nun auténtico rallye, porque tiveron o bo gusto de non estropear o entorno querendo arranxar en demasía o camiño e foi todo un acerto. Por certo, tamén é un gran sitio para durmir unha sestiña na herba, dar un tranquilo paseo ou desfrutar unha tarde en parella. En fin, moi recomendable. Aquí deixo unhas fotos da páxina web do concello de Santiago.


Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados