O día naceu claro, co ceo azul, que parecía invitar a sacalas bandeiras coa diagonal da mesma cor. O tren dun día festivo de primeira hora, estaba cheo, Coa xente nos corredores cando, outro domingo ou festivo está o revisor e o maquinista. Nada máis pisar a escalinata da estación camiño da Rúa do Hórreo xa se albiscaba a magnitude da marcha. Estaban os radicais, estaban os moderados, os de máis esquerda e os de máis dereita. É dicir, estaban todos menos os de sempre, os que non queren estar, os que carecen de cultura e de amor pola lingua.

“Daremos un paso adiante cando os partidos se poñan de acordo para vir aquí sen siglas, só a defender o que é noso”, asegurou convencido un vello militante socialista, que tras pasar por elas renega das estructuras políticas actuais, pero que “estou no medio día, para min isto é como a festa da Coca” afirmou coa bandeira na man.

“Este ano poñemonos máis adiante, que senón non chegamos a praza”. O Obradoiro foi o testemuño da concentración e do amor a lingua. Cheo, un novo cheo da meiranda praza da capital galega, e “viremos todalas veces que sexa necesario”. Chegaron os discursos, o manifesto dobre, as cantigas populares e o himno para despedir unha xornada galega e galeguista, con moita xente responsable e sobre todo, un día de amor por un idioma que algúns non queren, pero outros moitos si que o quremos e amamos, aínda que parece máis díficil, aínda que nos chamen ditadores da lingua (cousa que ten gracia) e aínda que traten de quitalo das escolas, escolas infantís, galiñas azuis ou galescolas. Escollan o nome que máis lle guste. Despois abandoamos a praza. Sen présa, a modiño, pasamos polo Franco, saudamos a uns amigos, e fomos tranquilamente a comer, O sol era de xustiza e estivemos tod@s ou case tod@s. Só fallou unha reputada comuneira. Anxeliña, estase moderando. Un bikiño.